O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, puxo de manifesto que os orzamentos da Xunta para o próximo exercicio son de récord: “Alfonso Rueda ten unha gran disposición para chegar a acordos”
Entre outros asuntos, o popular pide ao Goberno galego un cronograma “claro, serio e razoable” para o saneamento e dragaxe da Ría, ademais dun plan de reforma “ambicioso” para o pazo de Lourizán, “unha xoia da nosa cidade”
Domínguez pon como exemplo varias actuacións que son froito do entendemento das dúas administracións: “Temos que seguir poñendo en valor o Gran Montecelo, que cumpre os prazos e pon de manifesto a defesan que o Partido Popular ha feito sempre da Sanidade Pública”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, quixo analizar este luns varias consideracións previas á reunión que, mañá martes, manterán o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. “Debemos felicitarnos porque existan estes encontros, cun presidente ao dispor do grandes sete cidades galegas e un alcalde que responde con normalidade democrática”, indicou o popular.
“É unha reunión positiva e que sen dúbida é beneficiosa para todos os pontevedreses”, detallou Domínguez. Pero ao popular preocúpalle o clima previo á cita, derivado dunhas declaracións realizadas polo alcalde hai poucos días: “Que Lores diga que ve un boicot facía Pontevedra nos orzamentos do Goberno galego non é un bo punto de partida nin a mellor actitude para ir ao encontro”.
“Criticar os orzamentos da Xunta, sendo os máis altos da historia, e non facelo cos do Estado, inferiores aos do Goberno galego en canto ao gasto por habitante, non é xusto coa cidade. Pídolle a Lores que se quite a camiseta do BNG para esta reunión e póñase a de todos os pontevedreses, que busque puntos de encontro e que, sobre todo, céntrese en atraer investimentos a Pontevedra”, proseguiu Domínguez.
En canto aos temas para tratar, o presidente local ha falado do futuro de Santa Clara: “O orzamento da Xunta de Galicia, ao contrario do que sucede no Concello, é un documento moi serio, no que as partidas teñen que ter un destino claro e objetivable. Por tanto, non se pode entender que se soliciten partidas para Santa Clara cando aínda non hai nin sequera un proxecto nin o Concello falou coa Xunta deste tema. Esperemos que se nos diga que se vai a facer en detalle e canto custará para que outras administracións avalíen a súa participación”. Nesta liña, Domínguez preguntouse por que o alcalde “ten que falar co presidente de Santa Clara, cando en breve este espazo pasará a ser da Deputación, que será en tal caso o interlocutor válido”.
Outro dos temas que deben atender é, para o popular, a variante de Alba. “Non é unha prioridade o PP de Pontevedra nin para o de Galicia. E o máis importante, non é unha prioridade para os veciños de Campañó, nin os de Alba, nin os de Pontevedra”, explicou.
Por outra banda, Domínguez fixo referencia a varios asuntos que son “de absoluta prioridade para a cidade”. “Hai algo no que estamos de acordo o BNG, o PSOE e o PP, que é o saneamento da Ría”, declarou Domínguez. O popular baseou en tres piares o proceso para conseguir este obxectivo: “Unha depuradora, un emisario submarino e a dragaxe da Ría, que están a ser posibles grazas ao investimento da Xunta”. Para iso, Domínguez esixe tamén ao Goberno galego un cronograma “claro, razoable e serio”.
Outro proxecto “que cremos moi positivo” é o destape do río Gafos. “Entendemos que debe ser prioritario”, declarou o popular. Nesta liña, Domínguez fixo referencia á restauración do Pazo de Lourizán: “A Xunta presentounos un orzamento inicial. Así que eu pídolles que sexan ambiciosos coa reforma”.
Domínguez puxo como exemplo varias das actuacións que se están levando a cabo na cidade que son froito do entendemento destas dúas administracións “e é o exemplo que debemos seguir”. A estación intermodal, o edificio xudicial ou o Gran Montecelo, “que temos que seguir poñendo en valor e que continúa cumprindo os prazos, poñendo de manifesto a defesan que o Partido Popular ha feito sempre da Sanidade Pública”.



