Home Ourense Baixa Limia A Deputación colaborará co Concello de Bande no reforzo dos servizos públicos,...

A Deputación colaborará co Concello de Bande no reforzo dos servizos públicos, infraestruturas e termalismo

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas

Manuel Baltar comprometeu o apoio a catro iniciativas de cooperación propostas pola rexedora: reforzo da colaboración cos servizos sociais e o mantemento de estradas, e a implicación do goberno provincial na ampliación da senda do río Badella e do espazo termal do concello

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá un encontro de traballo no Pazo Provincial coa alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións.

“Unha reunión moi satisfactoria”, segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación a varios proxectos propostos pola rexedora, entre os que se inclúe reforzar a colaboración cos servizos sociais e a reparación e mantemento de estradas.

Ademais, a rexedora definiu como prioritario contar coa colaboración da Deputación na execución da prolongación da senda fluvial do río Badella, nun convenio asinado coa Confederación Hidrográfica Miño – Sil. Manuel Baltar tamén avanzou na reunión celebrada esta mañá a cooperación do goberno provincial na futura ampliación dos espazos termais do municipio.

“Estas iniciativas son fundamentais para Bande, ao permitir avanzar na mellora do servizos públicos e as infraestruturas cos que contan os seus veciños e, en paralelo, reforzar a capacidade turística dun concello en evidente progresión”, remarcou Manuel Baltar. O presidente da Deputación destaca “a magnífica labor cotiá de Sandra Quintas e de todo o equipo municipal, con probada capacidade para dinamizar Bande a través de propostas ben deseñadas e planificadas, e que sempre contarán coa Deputación como o seu mellor aliado de traballo”.

Relacionadas

A Deputación financiará integramente dous proxectos de modernización de instalacións deportivas no Grove e...

0
No Grove financiará o 100% do acondicionamento do pavillón de deportes do CEIP Plurilingüe Conmeniño, que ascende a 303.000 €, e en Vilanova a...

A Deputación investirá 150.000 euros na dotación de illas ecolóxicas e na instalación de...

0
Estas iniciativas, enmarcadas no proxecto “Da túa man” (rural), beneficiarán a Agolada, Arbo, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Forcarei, Meis, Mondariz, As Neves, Rodeiro e...

A Deputación destina 600.000 € máis para cofinanciar os servizos sociais comunitarios municipais que...

0
Estes recursos van dirixidos a sufragar a prestación do Servizo de Axuda no Fogar e os custos do persoal dos servizos sociais comunitarios en...

O Grupo socialista abandona o pleno da Deputación ante a moción do PP para...

0
Ana Laura Iglesias denuncia que “no goberno de Luís López só hai peóns no xogo irresponsable dun Feijoo para quen todo vale e obsesionado...

Luis López salienta que o +Provincia mobiliza esta semana case 2 millóns de €...

0
Os novos recursos beneficiarán a Cambados, Cangas, Cuntis, A Guarda, A Lama, Marín, Moaña, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos de Borbén, Portas e Vilanova...

A Deputación aproba a lista de entidades que se beneficiarán dos obradoiros para maiores...

0
En total, 130 entidades de 42 concellos da provincia teñen asegurada xa unha actividade, coa mobilización de 3.000 persoas. Outras 120 pasan a formar...

Publicacións Relacionadas