O Concello de Pontecesures, en colaboración coa ANPA Infesta, organiza unha Festa de Samaín, que terá lugar este venres 28 de outubro, de 19:00 a 22:00 horas, na contorna da praza de abastos. En caso de choiva, a celebración trasladaríase ao interior da praza. A participación é totalmente libre e de balde.
A tenente de alcalde, Laura Villar Matos, explica que “contaremos cun concurso de disfraces e cabazas, onde entregaremos premios aos tres mellores de cada categoría. Ademais, teremos un DJ que se encargará de amenizar a festa. Se o tempo acompaña, farémolo ao aire libre e, en caso contrario, a festa trasladarase ao interior da praza de abastos”. Dende o Concello de Pontecesures animan á veciñanza a participar na festa e acudir disfrazada.



