Home O Ribeiro Cortegada A Deputación colabora co XIV Roteiro por Terras de Cortegada

A Deputación colabora co XIV Roteiro por Terras de Cortegada

- Anuncio -

A andaina celébrase este domingo, 30 de outubro, con saída ás 09,30 horas do Campo da Feira e dúas posibles rutas, de 18,3 e 13,850 quilómetros

Cortegada acolle este domingo, 30 de outubro, a XIV edición do Roteiro por Terras de Cortegada, unha andaina de dificultade media “plenamente consolidada e que permite seguir avanzando na dinamización turística deste concello a través dunha iniciativa que combina aposta polo territorio, deporte e fomento da vida saudable”, segundo resalta César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro.

César Fernández reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Cortegada, Begoña Estévez, para abordar os detalles dunha proba que conta coa colaboración da Deputación.

O alcalde celebrou “organizar un ano máis este roteiro de Cortegada, e invito á xente a que nos visite porque a zona por onde pasa este roteiro é desfrutar da natureza e do paisaxe, sen dúbida é un plan moi fermoso para este domingo”.

A edil Begoña Estévez tamén animou á participación nunha andaina que presenta dúas posibles rutas, unha longa de 18,3 quilómetros e outra curta de 13,850 quilómetros. A saída terá lugar ás 9.30 horas na praza do Campo de Feira. A longa, con saída do balneario, pasará por A Barca, Vao, Merés, Louredo, Soutelo con chegada en Cortegada. E a curta, con saída no propio balneario, pasará por A Barca, Vao, A Eirexa e Soutelo antes de chegar a Cortegada.

O prezo da inscrición é de 10 euros e inclúe almorzo, agasallo, tres puntos de avituallamento, comida e bebida. Os interesados en participar poden inscribirse de xeito online ou nos establecementos Glotón, Intersport Bouso, Deportes Moncho e Redonet. O prazo para apuntarse remata o 27 de outubro, ata un máximo de 350 participantes. Todos os asistentes recibirán un agasallo conmemorativo e participarán en sorteos de agasallos.

Relacionadas

A Xunta incide na fidelización e dinamización do comercio local coa súa participación na...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou na inauguración desta xornada celebrada nos xardíns Padre Feijoo de Ourense polo Centro Comercial...

Luis Menor, na Feira do Viño do Ribeiro, cualifica aos viños desta denominación de...

0
Na 61 edición desta cita, o presidente da Deputación afirmou que a feira permite “seguir conservando a tradición vitivinícola da comarca, defender a súa...

Luis Menor aplaude as iniciativas privadas de mobilidade con selo ourensán que promoven un...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, asistiu esta mañá no Hotel OCA de Allariz, á saída da ruta de presentación de vehículos...

O Concello traslada a unha carpa e aos soportais da Praza Maior as actividades...

0
O Concello de Ourense trasladará a unha carpa e aos soportais da Praza Maior a programación de actividades organizadas para celebrar pasado mañá, domingo,...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Publicacións Relacionadas