Home Ourense O Carballiño Manuel Baltar recoñece o “liderado dinamizador” de Fernando Redondo en San Amaro,...

Manuel Baltar recoñece o “liderado dinamizador” de Fernando Redondo en San Amaro, con proxectos coma a transformación do antigo campo de fútbol nun centro hípico

- Anuncio -

O presidente da Deputación visitou esta tarde San Amaro para avaliar as liñas de colaboración abertas entre o goberno provincial e o Concello e escoitar as demandas dos veciños

Manuel Baltar e Fernando Redondo -que cumpriu hoxe un ano como alcalde- visitaron a instalación do novo proxecto hípico municipal e reuníronse con tres entidades veciñais: AAVV San Cibrao, a Asociación Cultural Comisión de Festas Neves de Grixoa e a AAVV Neves de Grixoa

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou esta tarde o concello de San Amaro para reunirse co equipo de goberno liderado polo alcalde, Fernando Redondo, conversar cos veciños do pobo e avanzar novas liñas de colaboración abertas entre ambas administracións en infraestruturas e equipamentos para os veciños.

“Hai xusto un ano que Fernando Redondo é alcalde de San Amaro e neste ano foi unha verdadeira fábrica de xerar proxectos, formulacións, obras e melloras para os veciños do concello”, sinalou ao remate da visita Manuel Baltar, garantindo o “apoio e a alianza da Deputación, o concello dos concellos da provincia, e que ve en San Amaro un exemplo de dinamismo, de forza e de futuro con Fernando como o seu alcalde”.

O presidente da Deputación estivo esta tarde no antigo campo de fútbol de San Amaro, que está a ser recuperado coma centro hípico co apoio do goberno provincial: “Este é un exemplo de visión municipal que está a construír unha nova realidade para dinamizar o rural”. Unha iniciativa, recalca o alcalde, “nova e ilusionante, canalizada a través dunha entidade sen ánimo de lucro con máis dunha década de experiencia traballando con nenos nun programa de equinoterapia e que xenera valor e con potencial para o desenvolvemento do noso pobo”.

Manuel Baltar e Fernando Redondo reuníronse coas directivas de tres entidades veciñais: AAVV San Cibrao, a Asociación Cultural Comisión de Festas Neves de Grixoa e a AAVV Neves de Grixoa.

O presidente do goberno provincial avanzou o futuro apoio da Deputación aos respectivos proxectos de mellora dos equipamentos sociais propostos polo rexedor, atendendo ás demandas dos veciños: a mellora da instalación eléctrica do centro da AAVV San Cibrao, a ampliación do centro social da Asociación Cultural Comisión de Festas Neves de Grixoa e o apoio á AAVV Neves de Grixoa para contar cun novo centro social.

“Estas tres asociacións, das que esta tarde escoitamos as súas demandas a viva voz, perseguen o mesmo que nós: traballar polo territorio e aumentar o benestar dos veciños”, recalcou Manuel Baltar.

“Infraestruturas, apoio ás familias e promoción de San Amaro”

Pola súa banda, Fernando Redondo remarcou que “neste ano de goberno, palabra clave para min é ilusión e a volta á estabilidade e aos proxectos por e para os veciños”, avanzando tres liñas de actuación: “A mellora das infraestruturas; o apoio incondicional ás familias a través de iniciativas como o programa Concilia e as bolsas de axuda creadas este ano de 150 euros para todos os nenos matriculados no colexio de San Amaro; e a promoción cultural e económica do concello, con proxectos como o Festival Céltico, realizado en colaboración coa Deputación, e a creación da escola hípica e de equitación San Amaro”.

O alcalde destacou a “colaboración das institucións e, en especial, de Manuel Baltar e a Deputación de Ourense como os mellores aliados para os veciños de San Amaro”.

Relacionadas

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

Luis Menor visita diversas accións e obras realizadas en Leiro a través do Plan...

0
Tal e como sinalou o presidente provincial, o Concello de Leiro recibirá máis de 700.000 euros a través do Plan de Cooperación, “que con...

O Auditorio acollerá esta fin de semana dous concertos: a Wind Rock Band do...

0
O Auditorio Municipal de Ourense acollerá esta fin de semana dous espectáculos musicais: os concertos da Wind Rock Band (que terá lugar o venres,...

O Concello convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas do Desfile...

0
O Concello de Ourense convoca o concurso que premiará as mellores comparsas e carrozas que participen no desfile do Domingo de Entroido, que percorrerá...

A Deputación de Ourense estrea nova páxina web, facilitando unha relación mais directa coa...

0
A nova páxina é máis visual, con acceso áxil ás diversas seccións e ofrecendo diferentes opcións de navegación como uns menús superior e inferior...

O carril bus da rúa Curros Enríquez estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

0
O carril bus da rúa Curros Enríquez, desde a rúa Samuel Eiján até a Avenida da Habana, estará pechado ao tráfico por obras mañá,...

Publicacións Relacionadas