O tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Oiea e representantes de todos os grupos políticos da Corporación Municipal asistiron esta mañá aos actos de conmemoración do Día do Dano Cerebral, organizados pola Asociación de Dano Cerebral de Ourense –DCA Ourense. Durante esta xornada, tiveron a oportunidade de escoitar as declaracións das persoas afectadas e asistiron a unha visita guiada ás instalacións da asociación, na rúa Clara Campoamor, no Parque Barbaña
A xornada tiña como obxectivo reivindicar os dereitos das familias con dano cerebral e dar a coñecer o proxecto do Centro de Día Terapéutico para o Dano Cerebral que promove a asociación ourensá.
Ademais do acto central, no que se deu lectura a un manifesto, o programa de celebración incluiu tamén unhas xornadas de deporte adaptado, un punto informativo, a realización dun mural e unha xornada de portas abertas para dar a coñecer as instalacións e o proxecto.



