HomePontevedraPoioA Aula Cemit de Poio amplía a súa oferta formatia gratuíta con...

A Aula Cemit de Poio amplía a súa oferta formatia gratuíta con doce ciclos a desenvolver desde o 31 de outubro ata principios de decembro

- Anuncio -spot_img

Preto de 80 horas de formación gratuíta, repartidas nunha ducia de ciclos, engloban a oferta que a Aula Cemit de Poio, situada na Escola do Campo de Combarro, terá a disposición da cidadanía desde o vindeiro luns, 31 de outubro, ata principios de decembro. Ademais, tal e como é habitual, a maiores destes cursos tamén se poderá utilizar a Aula Aberta, de luns a venres, de 19.30 a 21.00 horas. A aula está a disposición para as asociacións e organizacións do Concello, podendo facer uso dela previa solicitude.

O primeiro ciclo desta nova quenda será sobre o uso de Scribus, para o deseño de carteis e folletos. Trátase dunha aplicación gratuíta que permite a elaboración de contidos artísticos sen as complicacións de software especializado de deseño gráfico. As sesións comezarán o luns, ata o martes 8 de novembro. A inscrición péchase este xoves 28 de outubro. Desde o 7 ata o 11, a Aula Cemit ofrece clases de iniciación á informática, mentres que desde o mércores 9 ata o día 15 tamén haberá un obradoiro sobre creación de páxinas web a nivel básico. Asemade, entre o 16 e o 18 haberá un ciclo de creación de blog, mediante o uso de WordPress. Do luns 14 ao venres 18 de novembro impartiranse clases sobre o uso de Internet para persoas que desexen iniciarse na utilización da Rede.

No tramo final do mes de novembro, do luns 21 ao xoves 24 a formación centrarase, tamén en chave de iniciación, á utilización de correo electrónico. Durante dous días, do luns ao mércores desa semana, explicaranse pautas para gardar datos na ‘nube’. Unha das grandes novidades da programación de novembro chegará o xoves 24. Trátase dunha clase sobre xeoposicionamento, a través da aplicación Open Street Map, que é totalmente gratuíta e de libre aceso. O venres 25 haberá unha sesión específica centrada nas videoconferencias ‘on line’.

O uso do procesador de textos LibreOffice Writer protagonizará as últimas clases do mes de novembro, con sesións tanto para persoas con nivel básico (do 28 ao 30 de novembro) como de reforzo, o xoves 1 e o venres 2 de decembro. Nestas datas ofrecerase tamén unhas clases sobre o manexo do móbil Smartphone, a modo de repaso de sesións previas.

Toda a información relacionada con estes cursos pódese consultar no perfil da Aula Cemit en redes sociais ou chamando ao 986770001 (extensión 1321). Ademais, para inscribirse nestas formacións gratuítas tamén é posible facelo enviando un correo electrónico a cemit.poio@xunta.gal.

Publicacións Relacionadas