HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece o sábado a comedia musical "A pena...

O concello de Nigrán ofrece o sábado a comedia musical “A pena do cu do mundo”

- Anuncio -spot_img

Escrita e dirixida por Leandro Lamas para a compañía ‘Carrachanacacha’, parte da Asociación Aturuxo de Melpómene de Narón

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 29 de Outubro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a derradeira cita do mes de Teatro con Fegatea. Nesta ocasión a peza seleccionada é ‘A pena do cu do mundo’, unha obra escrita e dirixida por Leandro Lamas para a compañía ‘Carrachanacacha’, parte da Asociación Aturuxo de Melpómene de Narón. A función é con entrada libre ata esgotar as localidades.

‘A pena do cu do mundo’ é unha comedia musical que conta a historia dunha peculiar familia, residente nunha aldea perdida, que ve ameazada a súa forma de vida cando a nova concelleira proxecta construír alí un parque temático.

Publicacións Relacionadas