Aproba 2 proxectos de modificación orzamentaria para destinar máis de medio millón de euros a partidas de gasto social do Concello
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense adxudicou na súa sesión desta mañá as obras de mellora da mobilidade vertical, coa instalación dun elevador, na rúa Avilés de Taramancos. Na mesma reunión, aprobou dos proxectos de modificación orzamentaria para destinar máis de medio millón de euros a reforzar partidas de gasto social. En total, tratáronse un total de 24 asuntos presentados polos diferentes servizos municipais.
Licenzas (8)
· Conceder unha licenza urbanística de obra para o proxecto técnico de adecuación dun local para unha clínica dental na rúa Vicente Risco
· Conceder unha licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución da reforma dun portal e modernización do ascensor dun edificio na rúa Telleira
· Conceder unha licenza de obra de rehabilitación dunha vivenda no Outeiro, Velle
· Conceder unha prórroga de seis meses para iniciar as obras de instalación dun ascensor nun edificio da praza Poeta Alfonso Alcaraz
· Conceder unha licenza en vía de legalización e obras de remate dunha edificación na rúa do Ribeiriño
· Conceder unha licenza de obra para o proxecto básico e de execución de instalación de ascensor nun edificio de vivendas na Rúa do Vilar
· Conceder unha licenza para as obras de reforma do portal e do ascensor existente nun edificio da rúa Ervedelo
· Denegar unha licenza de obra para o proxecto básico e de execución de instalación dun ascensor.
Aperturas (2)
· Conceder unha licenza urbanística de obra para o proxecto de adaptación dun local para uso de restaurante na rúa do Progreso
· Conceder unha licenza de obra para a reforma e ampliación dun supermercado na rúa Valle Inclán
Patrimonio (1)
· Estimar a reclamación de responsabilidade patrimonial dun particular e recoñecer a obriga polo importe de 314,60 euros
Contratación (2)
· Aprobar o expediente para contratar a subministración de tecnoloxías de seguridade para o proxecto Next-Gou: Mellora da ciberseguridade do Concello de Ourense. Este proxecto está financiado parcialmente pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU, ao abeiro do Programa de axudas para a transformación dixital e modernización das entidades locais (Orden TER/1204/2021 do 3 de novembro), Autorízase o gasto correspondente ao contrato, por un importe de 247.955,62 €.
· Adxudicar a Misturas, Obras e Proxectos SA, o contrato das obras do proxecto de instalación dun elevador na rúa Avilés de Taramancos, de acordo co proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local e as ofertas presentadas, por resultar a proposta coa mellor relación calidade-prezo, por un prezo total de 527.956,88 €.
Persoal e recursos humanos (1)
· Estimar un recurso contra o acordo de aprobación da Oferta de Emprego Público extraordinaria para a estabilización de persoal temporal, no senso de modificar a denominación e clasificación profesional dunha praza de técnico.
Xestión económica e orzamentaria (3)
· Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 22P/2022, utilizando a figura dos suplementos de crédito. Destinará 128.750 euros á partida do Centro interxeracional de maiores e 20.000 € ao convenio coa Cruz Vermella Española, que se financiarán con fondos procedentes do remanente de tesouraría para gastos xerais.
· Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 24P/2022, utilizando a figura dos suplementos de crédito. Destinará 400.000 euros a reforzar a partida do programa de axudas de emerxencia social, tamén con fondos procedentes do remanente de tesouraría.
· Aprobar o proxecto de modificación orzamentaria 23P/2022, na modalidade de suplementos de crédito. Destinará a gastos financieiros 203.788,14 euros procedentes do remanente de tesouraría
Os tres acordos elevaranse ao Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional da modificación proposta.
Avogacía Consistorial (8)
A Xunta de Goberno acordou non recorrer os 2 autos ditados polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense en pezas separadas de medidas cautelares, que acordan a suspensión da execución do decreto ditado pola concelleira delegada de Urbanismo polo que, entre outros extremos, se requiría os propietarios do inmoble sito en Nuño de Ousende número 1, esquina coa rúa do Bierzo, para que procedesen á súa demolición, en cumprimento dunha sentenza.
Tamén tomou coñecemento de:
· Sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, que estima o recurso dun axente da Policía Local e recoñécelle o dereito a ser indemnizado en 700 euros en virtude do principio de indemnidade, como consecuencia das lesións sufridas cando prestaba servizo, logo de que o responsable das lesións, que foi condenado por elas, fose declarado insolvente.
· Sentenza ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, que desestima o recurso interposto por unha particular que presentara unha reclamación fronte a unha liquidación do imposto de plusvalías.
· Auto do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense que declara terminado o procedemento relativo a unha resolución do Tribunal Económico Administrativo, xa que este recoñeceu en vía administrativa as pretensións da parte recorrente
Comparecencias (3)
Dar conta de que o Concello foi emprazado para comparecer e presentarse en calidade de demandado:
· diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, nun procedemento ordinario relativo a un expediente de reposición de legalidade urbanística;
· diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, nun procedemento abreviado sobre liquidacións polo Imposto sobre Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana;
· diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, no procedemento abreviado interposto por un condutor que foi sancionado por circular con presenza de drogas no seu organismo.



