O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés e o IES As Barxas obtiveron os primeiros premios do Certame de Cinema Escolar-OUFF Escola 2022 organizado pola Concellería de Educación do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Auditorio Municipal de Ourense acolleu esta mañá a gala final e o acto de entrega de galardóns ás mellores das 79 películas que concorreron ao concurso, presentadas por centros educativos das 4 provincias galegas, e realizadas por máis de 2.000 escolares.
Premios na categoría Infantil/Primaria
1º premio: Ao fio da noticia, do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés
2º Premio: Mergullo nas rías, do CEIP Carballal
3º Premio: Un conto de lobos, do CEIP Villar Panamá
Premio ao mellor guión: O camiño, do CEIP Espiñeira Aldán
Mención especial: Case 101 dálmatas, do CEIP Marcos da Portela
Premios na categoría doutros niveis de ensino non universitario:
1º Premio: O armario de meus pais, do IES As Barxas
2ª Premio: Unha illa no medio do mar, do IES Valadares
3º Premio: Limerencia, do IES As Barxas
Premio ao mellor guión: Días contados, do IES Poeta Díaz Castro
A gala estivo presentada polo actor Fernando González, e contou coa asistencia do tenente de alcalde do Concello de Ourense, Armando Ojea, o xurado: Nora Sola, César Silva, Manoli Maseda, Maria Manuela Leis, e alumnado e profesorado dos centros participantes



