HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela logra a colaboración da Xunta para eliminar o macropunto de verquidos...

Cubela logra a colaboración da Xunta para eliminar o macropunto de verquidos ilegais existente no antigo campo de fútbol de Almofrei

- Anuncio -spot_img

• A empresa pública está empregando maquinaria pesada para retirar o entullo, rodas e todo tipo de enseres alí depositados para proceder ao desbroce e saneamento integral da parcela

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, vén de lograr a colaboración da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para que a empresa pública Tragsa proceda a eliminar o macropunto de verquidos ilegais existente no antigo campo de fútbol da parroquia de Almofrei.

Cubela agradeceu a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, que dirixe Ángeles Vázquez, para eliminar este foco de contaminación medioambiental ubicado en terreos comunais que, co paso do tempo, foi collendo unha magnitude de tal tamaño que se facía moi difícil para a Comunidade de Montes de Almofrei a súa eliminación.

Traballadores da empresa pública Tragsa estanse empregando a fondo para proceder á recollida dos verquidos ilegais nos que abundan rodas, entullo de obra e enseres domésticos que se foron acumulando ao longo do tempo convertindo este espazo nun lugar insalubre en plena ruta de sendeirismo na parroquia de Almofrei.

UN GRAVE PROBLEMA MEDIOAMBIENTAL DE DIFÍCIL SOLUCIÓN
Pola súa banda, o alcalde Jorge Cubela agradeceu á Consellería de Medio Ambiente a súa comprensión e colaboración neste tema que tiña difícil solución debido á gran envergadura do problema derivado da acumulación de verquidos ilegais ao longo de moitos anos.

Cubela indicoulle á Consellería as dificultades reais da Comunidade de Montes, propietaria do terreo, para proceder a retirar axeitadamente os verquidos ilegais para o seu posterior tratamento e procedemento de descontaminación e manifestou a súa satisfacción porque esta zona, unha vez limpada e desbrozada, quede en perfectas condicións para o disfrute de veciños e visitantes que agora pasan polo lugar, seguindo unha das rutas de sendeirismo saudables deseñadas polo Concello de Cerdedo-Cotobade e se atopan con esa desagradable visión.

Publicacións Relacionadas