HomeXunta de GaliciaO Centro de Saúde Virxe Peregrina de Pontevedra comezou hoxe obradoiros prácticos...

O Centro de Saúde Virxe Peregrina de Pontevedra comezou hoxe obradoiros prácticos de capacitación tecnolóxica para pacientes

- Anuncio -spot_img

― O obxectivo é facilitarlles o acceso ás novas ferramentas, cada vez máis operativas e funcionais para comunicarse no entorno tecnolóxico e telemático actual, tamén cara a poder realizar algunhas xestións e consultas co entorno asistencial máis próximo

― O PSX José Aguete, en colaboración co residente de Medicina Familiar e Comunitaria Álvaro Alegre e a estudante de Medicina Irene Novkovic, ensinaron a usuarios da Atención Primaria as posibilidades que lles ofrece a ferramenta Sergas Móbil, coas súas principais funcións e aplicacións

― Desde febreiro deste ano, este centro de saúde foi, xunto ao de Cambados, o primeiro da Área Sanitaria e un dos catorce do SERGAS en dispoñer dun plan de saúde local

Enmarcados nas actividades previstas no Plan de Saúde Local do centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra, hoxe comezaron os primeiros obradoiros destinados a fomentar a capacitación tecnolóxica de pacientes, nunha iniciativa didáctica orientada a mellorar as súas habilidades na solicitude de cita electrónica e uso da páxina web do Servizo Galego de Saúde. O obxectivo é facilitarlles o acceso a estas novas ferramentas, cada vez máis operativas e funcionais para comunicarse no entorno tecnolóxico e telemático actual, tamén cara a poder realizar algunhas xestións e consultas co entorno asistencial máis próximo.

Estes obradoiros están dirixidos a pacientes que por diversas razóns teñen dificultade para acceder ás capacidades que brindan estas novas ferramentas Así, no obradoiro desenvolvido hoxe no centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra , o PSX José Aguete, en colaboración co residente de Medicina Familiar e Comunitaria Álvaro Alegre e a estudante de Medicina Irene Novkovic, ensinaron a usuarios da Atención Primaria as posibilidades que lles ofrece a ferramenta Sergas Móbil, coas súas principais funcións e aplicacións.

Centro con Plan de Saúde Local desde febreiro deste ano
Cómpre lembrar que desde febreiro deste ano 2022, o centro de saúde Virxe Peregrina de Pontevedra foi, xunto ao de Cambados, o primeiro da Área Sanitaria e un dos catorce do Servizo Galego de Saúde na Comunidade Autónoma en dispoñer dun Plan de Saúde Local -documento elaborado polos profesionais, con apoio técnico da Consellería de Sanidade, que busca adecuar a asistencia á demanda, reforzando o papel da Atención Primaria-.

O Plan de Saúde Local do centro de saúde Virxe Peregrina pontevedrés estrutúrase en catro eixos: a mellora da satisfacción dos usuarios –aportándolles un maior coñecemento do seu servizo sanitario-; a mellora da satisfacción dos profesionais -mellorando a eficiencia e potenciando plans de formación que dean valor á atención aos pacientes; o enfoque comunitario e a eficacia na organización da Atención Primaria, aumentando a súa capacidade tecnolóxica e a promoción de hábitos saudables na poboación.

Publicacións Relacionadas