Home O Salnés Cambados Sabela Fole será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Cambados

Sabela Fole será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Cambados

- Anuncio -

● Luis López participou esta tarde nunha xuntanza coa xunta local do partido, que tomou a decisión por unanimidade.

● Agradecen o traballo “incansable” de Luis Aragunde, tanto no concello como no partido.

A concelleira Sabela Fole será a candidata do Partido Popular á alcaldía de Cambados nas eleccións municipais de maio. Así o anunciaron esta tarde, tras unha xuntanza do presidente provincial, Luis López, con membros da executiva local do partido, que tomou a decisión por unanimidade. Sabela Fole asume así o liderazgo da formación, unha vez que o actual presidente local e ex alcalde, Luis Aragunde, tomou a decisión de dar un paso ao lado.

Luis López subliñou que “Sabela é unha excelente candidata, cunha gran capacidade de traballo, e contará cun gran equipo detrás, e reúne todos os requisitos para ser unha gran alcaldesa para Cambados e conseguir grandes cousas para este concello”. Dixo que “o cambio está ás portas de Cambados” e amosouse convencido de que en maio haberá unha maioría absoluta que permita a Sabela Fole traballar desde o minuto un”.

Ademais, López tamén tivo unhas palabras para Luis Aragunde, a quen lle agradeceu o seu compromiso, disposición e traballo “incansables” con Cambados e co Partido Popular durante todos estes anos. Así, puxo en valor “a unidade do partido” e a “transición modélica”, e recordou que “absolutamente todos” son necesarios para conseguir os resultados.

Sabela Fola agradeceu todo o apoio recibido pola agrupación local e amosouse “moi ilusionada” para afrontar este novo reto. Di que “xuntos conseguiremos grandes cousas para Cambados. Está nun letargo desde hai oito anos. Nós temos un proxecto sólido e estamos traballando nun equipo que nos permitirá Gobernar con garantías e recuperar o liderazgo que tiñamos”.

Tamén Luis Aragunde fixo referencia á que “Cambados era unha referencia na comarca, e agora estamos á cola en moitos aspectos”. Sobre a candidata, dixo que “cumple con todos os requisitos ampliamente” e amosou a súa confianza “nela e na súa capacidade para gañar as eleccións e ser unha gran alcaldesa”.

Por último, anunciou que continuará na corporación municipal ata o final do mandato, pero Sabela Fole será a voceira do grupo.

PERFIL DA CANDIDATA
Isabel Fole ten 45 anos, é avogada e ten o seu despacho en Cambados. A súa primeira incursión na política foi en 2019, como número 2 da candidatura de Luis Aragunde. Desde entón, o traballo intenso na labor de fiscalización co grupo municipal permitiulle coñecer de preto o funcionamento do concello.

Relacionadas

A Deputación inicia no Salnés as mesas de traballo para a elaboración da Estratexia...

0
O deputado provincial Javier Tourís asistiu este martes no Pazo Vista Real de Vilanova de Arousa ao encontro, no que participaron preto dunha vintena...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao sector agrario e gandeiro da provincia...

0
O presidente provincial asina co director da Fundación, Ricardo Durán, un convenio para cooperar na organización de feiras e mercados agrarios que potencien a...

Charla informativa en Mougás sobre a importancia da alimentación na fibromialxia

0
O Centro Cultural de Mougás acolle este venres 10 de maio ás 19.30 horas unha charla informativa sobre alimentación e fibriomialxia. A conferencia será impartida...

Luisa Sánchez participa na presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu á presentación da fase de ascenso do Balonmán Poio Artai á 1ª Nacional de Balonmán...

A Deputación de Pontevedra rescata a historia esquecida do Castelo de Soutomaior nas XX...

0
As xornadas terán lugar os días 21, 22 e 23 de maio na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior. A inscrición é libre...

Camiñar pola saúde no Rosal

0
Todos os martes, Concello e Sergas organizan andainas guiadas por profesionais da saúde abertas a todos os públicos O Rosal camiña cara a un estilo...

Publicacións Relacionadas