Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo DENUNCIA O MALTRATO que sofre...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo DENUNCIA O MALTRATO que sofre un menor do Irixo por parte do alcalde o que non lle da a gana de colocarlle unha marquesiña para esperar o autobús escolar dende fai mais dun ano.

- Anuncio -

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo DENUNCIA O MALTRATO que sofre un menor do Irixo por parte do alcalde o que non lle da a gana de colocarlle unha marquesiña para esperar o autobús escolar dende fai mais dun ano.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña solicitou xa fai máis dun ano, concretamente na sesión plenaria de 28 de setembro de 2021 a colocación urxente e necesaria dunha marquesiña para que un escolar do Irixo puidese esperar o autobús resgardadado da chuvia e do frío, comprometéndose o alcalde a facelo.

Esta mesma petición de 2021 se foi reiterando, con outras moitas, nas seguintes sesións plenarias de 22 de febreiro e 27 de setembro de 2022.

Un escolar que leva máis dun ano a intemperie ante o desprezo, desidia e pasividade do alcalde e o goberno municipal que non lle importa que un escolar espere o autobús as 7.30 h. da maña chovendo e con frío, cando no Irixo sobran marquesiñas esquecidas nas silveiras, en pobos que non teñen nin nenos nin veciños ou noutros casos úsanas particulares para gardar leña.

LAMENTAN UNHA VEZ MAIS os socialistas que a palabra do alcalde de O Irixo non valga nada, e so se preocupe de gastar o diñeiro en cousas e proxectos innecesarios ou cousas para os seus acólitos.

Lamentan a campaña de propaganda e de actividades que nada aportan a vida da veciñanza do Irixo cando se teñen sen atender servizos básicos e SE DESATENDE UN DEREITO FUNDAMENTAL COMO É O ACCESO A EDUCACIÓN, acceso que o alcalde dificulta a este menor que vive no Irixo, un alcalde incapaz de ser persoa antes que alcalde, de ser un ser humano antes que un político, e cunha falta total de talante democrático e sensibilidade como persoa.

Pregúntanse os socialistas si tería sen unha marquesiña a un fillo seu ou o fillo dun dos seus acólitos no Irixo…?

Consideran esta actitude do mais rancia e caciquil que se pode esperar dunha persoa que o único que fai e castigar a un menor inocente que non se merece este desprezo.

Os socialistas anuncian, que si o alcalde do Irixo non coloca nos próximos días a marquesiña solicitada e comprometida fai mais dun ano, denunciaran estes feitos directamente ante a Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Un Alcalde que castiga a un menor de esta maneira, queda inhabilitado para exercer calquera cargo público e merece o rexeite de toda a sociedade.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

Presentado o libro “O incendio”, de Sara Vila, gañadora do XLII Premio de Novela...

0
Na presentación da publicación, o vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández dixo que se trata do “premio máis senlleiro da literatura galega que desta...

A 41ª Copa Deputación de Atletismo ofertará este ano competición en pista ao aire...

0
Os clubes que competirán na Copa Deputación son a Escola Atlética Ben Cho Shey, Club Atletismo Limia Activa, Ourense Atletismo Club Deportismo La Purísima,...

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Publicacións Relacionadas