Máis de 300 actores animarán a festa que converterá o centro histórico nunha pasaxe de terror
Obradoiros de cabazas, concerto de mago de Oz, espectáculos e desfiles completan o programa de actividades
O Concello de Ourense reforza a programación de actividades preparada para celebrar o luns, 31 de outubro, a festa de Halloween 2022. Así, incorpora á programación unha sesión máis de DJ, que amenizará a noite na Praza de Santa Eufemia desde as 0:00 até as 2:30 horas, a continuación da sesión prevista na Praza Maior, que será de 19:30 a 23:00 horas. Ademais, haberá dous espazos nos que o público asistente poderá maquillarse gratuitamente para celebrar a festa: na Praza Manuel Sueiro, coincidindo cos obradoiros infantís de cabazas que se realizarán de 17 a 19 horas, e na Praza Maior, de 18:00 a 21:00 horas.
Outras propostas que se incorporan á festa son as diferentes actividades que organiza a asociación Mexicanos en Galicia, que traerá á cidade unha mostra das tradicións e actividades típicas desta celebración, que se desenvolverán nos xardíns de Padre Feijóo. Ademais, o luns abrirase unha exposición fotográfica na Sala Valente.
Comezarán ás 13:00 horas cunha camida tradicional mexicana e continuarán con obradoiros de Pintacaritas (18h), Decoración de calaveritas (18:30h), degutación de pan morto e cunchas (19:00h), e lectura de lendas a cargo de La Catrina, para rematar ás 21:00 horas cun desfile que percorrerá as rúas do Paseo, Santo Domingo, San Miguel e Padre Feijóo. Na Praza de San Martiño, tamén haberá Mariachis e lectura de lendas a cargo de “La Catrina”, ás 18:30h.
O programa da festa complétase cos obradoiros de cabazas e desfile, na Praza de Saco e Arce, o concerto gratuíto de Mago de Oz (23h, Alameda), e as diferentes actividades e espectáculos de animación de rúa: Chaoiso de medo, Bruxo Queimán, A Noite dos Mortos, o Ataúde da Carballeira e o desfile da Santa Compaña
PROGRAMA COMPLETO HALLOWEEN 2022
DÍA DE MORTOS (MÉXICO) 13 a 21h, Padre Feijóo
13:00h Comida tradicional mexicana
18:00h Obradoiro de Pintacaritas
18:30h Obradoiro decoración Calaveritas
18:30h (Praza San Martiño) Apertura mariachis e lectura lendas a cargo de “La Catrina”
19:00h Degustación de pan morto e cunchas
19:30h Lectura de lendas a cargo de “La Catrina”
21:00h Desfile (Paseo, Sto. Domingo, rúa San Miguel e Padre Feijóo)
CABAZAS
17:00 – 19:00 na Praza Saco e Arce Obradois de cabazas
19:15h Desfile de cabazas (rúa Colón ata Praza Maior)
MAQUILLAXE
17:00 a 19:00h. Praza Saco e Arce
18:00 a 21:00 horas, Praza Maior: Maquillaxes
CONCERTO DE MAGO DE OZ
23:00 – 01:15 no Progreso
DJ PRAZA MAIOR:
19:30 – 23:00 nos soportais do Concello
DJ PRAZA STA. EUFEMIA:
00:00 – 23:30
ANIMACIÓN DE RÚA
Chaioso de medo, de 19 a 23h, en Santa Eufemia e Praza Maior
Bruxo Queiman, de 20:30 a 23:30h
A Noite dos Mortos, de Pablo Méndez de 19 a 21h. Saen da Praza Maior e percorrerán a zona histórica.
Ataúde da Carballeira, dende as 00:30, con percorrido libre saíndo da Praza Maior
Sta. Compaña, dende ás 00:30: Saíndo desde o Parque de San Lázaro e Praza de San Cósmede



