- Teñen como finalidade dotar crédito para reforzar as partidas de gasto social, reformar a Praza de Abastos, pagar gastos financeiros e executar unha sentenza xudicial
- Tamén se incluirá na orde do día a proposta de modificación do réxime retributivo dos concelleiros
O Goberno municipal presentará para a aprobación por parte do Pleno do Concello un total de sete expedientes na súa próxima sesión, a ordinaria do mes de novembro, que terá lugar o vindeiro venres, día 4. A comisión de pleno do Concello de Ourense ditaminou na súa sesión desta mañá os 7 asuntos. Seis deles son expedientes de modificación de crédito, por un importe total de 3.487.393,54 euros, na modalidade de suplementos de crédito, utilizando recursos procedentes do remanente de tesourería para gastos xerais:
Expediente de modificación orzamentaria 19P/2022, que ten como finalidade levar a cabo o proxecto de demolición parcial por execución subsidiaria dunha sentenza xudicial na Avenida de Pontevedra, número 13, polo importe de 445.692,82 euros.
Expediente de modificación orzamentaria 20P/2022, que destinará 2.189.162,58 euros ao proxecto de “Reforma e rehabilitación da Praza de Abastos, número 1”, no lugar da achega do Ministerio de Fomento.
Expediente de modificación orzamentaria 21P/2022, que destinará 100.000,00 euros á partida de reparación, mantemento e conservación de edificios.
Expediente de modificación orzamentaria 22P/2022, que destinará 128.750 euros á partida do Centro interxeracional de maiores e 20.000 € ao convenio coa Cruz Vermella Española.
Expediente de modificación orzamentaria 23P/2022, que destinará a gastos financeiros 203.788,14 euros.
Expediente de modificación orzamentaria 24P/2022, que destinará 400.000 euros a reforzar a partida do programa de axudas de emerxencia social.
·
Os tres acordos elevaranse ao Pleno do Concello para que proceda, de ser o caso, á aprobación provisional das modificacións propostas.
Tamén se incluirá na orde do día do próximo pleno a proposta de modificación do réxime retributivo dos membros corporativos.



