Home A Coruña O Programa ÚNICO Banda Ancha levará conexión a Internet de alta velocidade...

O Programa ÚNICO Banda Ancha levará conexión a Internet de alta velocidade a 366 vivendas e empresas de Boqueixón

- Anuncio -

O alcalde solicitoulle celeridade ao delegado do Goberno na tramitación de dous proxectos na N-525: a rotonda na entrada de Lestedo e a mellora da conservación das vías de servizo

O alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, á fronte do grupo de Goberno municipal, recibiu esta mañá ao delegado del Goberno en Galicia, José Miñones, e á subdelegada na provincia da Coruña, María Rivas, a quen agradeceu “que viñera a Boqueixón a presentarnos algúns proxectos e informarnos sobre o estado de tramitación de certos investimentos que temos solicitado de fondos Next Generation e que son moi necesarios para o concello”.

Pola súa banda, José Miñones reafirmou o gran impacto que está a ter o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno nos pequenos municipios. “Boqueixón é un exemplo de como o Goberno fai chegar o Plan de Recuperación a todo o territorio do noso país”, sinalou. Durante o encontro, o delegado do Goberno avanzou que o Programa Único Banda Ancha posibilitará a conexión de alta velocidade de 163 puntos nos que se localizan 366 vivendas e empresas de Boqueixón.

“Estamos a falar de garantir a conectividade máis de 300 megas á práctica totalidade do territorio deste municipio, en 163 zonas que hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, esencial no mundo actual”, subliñou o delegado. Pola súa banda, o alcalde trasladoulle a problemática que se produce coas operadoras á hora de darlle servizo á veciñanza. Miñones admitiu a problemática e indicou que agora se lles está a pedir aos Concellos que identifiquen as vivendas que non teñen fibra coa referencia catastral, para así tratar de solucionar ese problema en próximas convocatorias.

Melloras na N-525

Manuel Fernández Munín aproveitou a ocasión para solicitarlle celeridade na tramitación de dous proxectos na N-525 solicitados polo Concello de Boqueixón. O primeiro é a construción dunha rotonda na N-525 á entrada de Lestedo, solicitado en novembro de 2021 e do que xa está redactado o proxecto, orzamentado nuns 250.000 euros. Fernández Munín concretoulle ao delegado do Goberno que “se se fai a glorieta xa non sería necesario o semáforo que se pedira, porque xa os vehículos frearían ao chegar á glorieta”.

Así mesmo, solicitoulle tamén unha actuación de conservación das pistas de servizo da N-525 á saída de A Susana. “É un tramo no que xa temos posto ata o alumeado público pero fai falla case facer a pista de novo”, explicou con fotografías o alcalde de Boqueixón.

Pola súa banda, o delegado abordou co alcalde o Programa de Impulso á Rehabilitación dos Edificios Públicos (PIREP) de Entidades Locais, que xestiona o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Boqueixón terá a súa oportunidade na Liña 2 deste plan (aínda por resolver), na que solicitou unha axuda para rehabilitar a Casa Consistorial. Unha resolución que se saberá antes de que finalice o ano.

Sendas peonís

Durante o encontro, José Miñones destacou o investimento de 2,54 millóns que o Goberno destina ao Concello de Boqueixón para que desenvolva a súa Estratexia de Mobilidade Peonil Sostible e Segura, coa que creará 17 quilómetros de sendas peonís no municipio. Este proxecto mobilizará un total de 2.989.000 euros, dos que o Estado financia o 85% a través do Programa DUS5000.

Unha vez rematada a reunión, a comitiva oficial desprazouse a pe ata un dos puntos nos que está prevista a construción dunha desas sendas peonís, que dará servizo ás persoas que acudan ao CPI Antonio Orza Couto, ás instalacións deportivas do Forte (polideportivo municipal, ximnasio, campo de fútbol, piscina) e ao propio centro de saúde.

Relacionadas

Paderne rememora a “enorme transcendencia” de Francisco Vales Villamarín na inauguración da remodelación do...

0
 O alcalde, Sergio Platas, lembrou a enorme pegada do cronista e quixo agradecer a “insistencia” de Emilio Vila na instalación do monólito hai...

Neda pon en valor a calidade, variedade e sabor dos produtos das panaderías locais

0
O Concello destaca a importancia do sector no municipio como xerador de emprego O Concello de Neda impulsou este domingo dúas novas catas no marco...

Queres saber de que van falar os científicos e científicas que participan no primeiro...

0
Os días 13, 14 e 15 de maio enchemos de ciencia o bar do Mercado, o Bodegón e o Valle-Inclán coa colaboración de oito...

Inaugurado o novo albergue municipal Esperanza Tenreiro, en Nós

0
O edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, foi inaugurado esta tarde como Albergue municipal Esperanza Tenreiro. Con esta denominación, o Concello de Oleiros...

Excarcerado un home tras unha saída de vía na parroquia de Niveiro, no concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal de Santa Comba recibiron hoxe, sábado 4 de maio, ás 14.47 horas unha chamada na que se informaba dun...

A Xunta colaborou coa construción do albergue da finca Tenreiro de Oleiros a través...

0
― A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, asistiu hoxe á inauguración do novo espazo ― As alumnas e alumnos...

Publicacións Relacionadas