Home Pontevedra Ponte Caldelas Luis López reúnese en Ponte Caldelas coa xunta local para analizar os...

Luis López reúnese en Ponte Caldelas coa xunta local para analizar os retos que teñen por diante

- Anuncio -

O presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, reuniuse en Ponte Caldelas coa xunta local do partido, para analizar os retos que teñen por diante e marcar a axenda de cara as municipais de maio.

López remarcou a importancia de seguir traballando para visibilizar todas as iniciativas que o PP está facendo na súa labor de oposición municipal, e remarcou o traballo “incansable e serio” do voceiro local, Antón Xil, así como do resto de concelleiros. Nesta liña, subliñou que “non hai partido máis localista que o PP, e cando se está pegado á cidadanía, escoitando e atendendo as súas inquedanzas e preocupacións, é máis fácil acertar”. Por iso, pediu “estar constantemente na rúa. Necesitamos estar máis activos que nunca. Somos o partido que máis se parece á xente e non é por casualidade. É froito do traballo, de estar permanentemente na rúa, escoitando, interesándonos e preocupándonos polos nosos veciños”.

Na reunión, Luis López estivo acompañado pola secretaria xeral, Luisa Piñeiro, o coordinador comarcal do partido, Alberto Acuña, e o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas