HomePontevedraPoioO concello ultima a realización dos traballos de mantemento e a posta...

O concello ultima a realización dos traballos de mantemento e a posta a punto nos cemiterios de cara ao 1 de novembro

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Medio Ambiente, o nacionalista Xosé Luís Martínez, explica que os labores céntrase no acondicionamento de aparcadoiros e na posta a punto no interior do camposanto municipal de San Xoán

Operarios municipais traballan desde hai xa varias xornadas na posta a punto dos cemiterios de Poio, de cara ao Día de Todos os Santos (1 de novembro). O concelleiro de Medio Ambiente, o nacionalista Xosé Luís Martínez, recorda que, se ben os labores no cemiterio municipal de San Xoán se desenvolven con regularidade durante todo o ano, “é habitual que nos días previos a esta data tan especial, na que moitas persoas se desprazan ata os camposantos para lembrar aos seus achegados e familiares finados, estes traballos se incrementen”.

Nos últimos días, o Concello está a ultima a posta a punto de acondicionamento no interior do cemiterio de titularidade municipal. Con respecto aos cemiterios xestionados por comisións parroquiais, a Administración municipal está realizando traballos de limpeza nos acesos e proximidades, así como nos aparcadoiros colindantes.

Ademais, tal e como xa é habitual, a empresa responsable da xestión de residuos en Poio, Valoriza, procedeu a reforzar a dotación de contedores de lixo con motivo desta data. Este reforzo tamén afecta aos períodos de recollida das papeleiras. Por outra banda, o Concello tamén lembra que se habilitarán os dispositivos habituais para garantir a fluidez de tráfico nos acesos.

Publicacións Relacionadas