Home A Coruña A Xunta adxudica por máis de 455.000 euros as obras para dotar...

A Xunta adxudica por máis de 455.000 euros as obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, O Outeiro e O Pedral, en Boimorto

- Anuncio -

― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé iniciar as obras neste último trimestre do ano

― Executarase unha rede de colectores que supera os 2,5 km e unha depuradora para o tratamento das augas residuais destes 3 lugares do municipio, con vivendas unifamiliares dispersas, ademais dunha pequena explotación gandeira e un bar

― A nova estación depuradora funcionará por gravidade e contará cun panel solar, o que suporá un importante aforro no subministro de enerxía eléctrica ás instalacións

― Esta intervención enmárcanse no convenio asinado entre a Xunta e o Concello polo que a Administración autonómica cofinancia a actuación nun 80%, comprometéndose a entidade local a poñer á disposición os terreos e cofinanciar o 20% das actuacións

― A Xunta segue prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer as súas responsabilidades dun xeito eficiente e continuar mellorando a calidade de vida da poboación no medio rural

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 455.477 euros as obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, O Outeiro e O Pedral, no concello de Boimorto.

Esta intervención, adxudicada á empresa Vázquez y Reino, S.L, prevé iniciarse neste último trimestre do ano. Os traballos contan cun prazo de execución de 4 meses.

Esta intervención enmárcanse no convenio asinado entre a Xunta e o Concello polo que a Administración autonómica cofinancia a actuación nun 80%, comprometéndose a entidade local a realizar os trámites e a poñer á disposición os terreos, ademais de cofinanciar o 20% das actuacións.

As obras son susceptibles de contar con financiamento europeo do eixe REACT-EU do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da covid-19.

O detalle das actuacións
Na actualidade estes tres núcleos carecen dunha rede de saneamento de augas residuais. Trátase dunha zona rural con vivendas unifamiliares, na súa maioría dispersas. Na contorna tamén hai unha pequena explotación gandeira de vacún e un bar.

As obras consisten na instalación dun sistema de saneamento composto por unha rede de colectores cos seus correspondentes pozos de rexistro e unha estación depuradora de augas residuais.

Executarase unha rede de colectores por gravidade sen bombeos intermedios e cun tramo en hinca para cruzar unha estrada autonómica. A rede rematará nunha depuradora de augas residuais que funcionará cun panel solar co que alimentar a instalación e un punto de luz.

A rede de colectores executarase en tubaxe de PVC, de diámetro 250 mm. A lonxitude total da rede é de máis de 2,5 km, complementada con 75 unidades de pozo de rexistro.

Con estas obras darase servizo a unha poboación de 99 habitantes para o ano horizonte 2044.

A Xunta segue prestando apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer as súas responsabilidades dun xeito eficiente e continuar mellorando a calidade de vida da poboación no medio rural.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas