• O presidente do PP de Pontevedra recrimina a falta de impulso do alcalde, “que o único proxecto que ten en marcha é a reforma da Casa do concello, que é proposta que fixemos os populares”
• Domínguez argumenta que o Concello “reduce a súa actividade política a unha serie de anuncios que en pouco melloran a vida dos pontevedreses”
“Non podemos consentir que se reduciu a actividade dun Concello a facer anuncios, mentres non hai nin unha soa obra importante en execución”. Así definiu o presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, a actual situación do Goberno local. “O único proxecto que ten en marcha este Concello é a reforma da Casa do concello, que é proposta que fixemos os populares e á cal o BNG e o PSOE votaron en contra”, explicou o presidente local.
Domínguez achaca a falta de obras e melloras para a ciudanía á falta de impulso dun “Goberno local con falta de ideas e que está canso”. “A liña de traballo dun Concello non pode vir dada por unha serie de anuncios que de pouco mellorar a vida dos pontevedreses”.
O popular insistiu en que o PP “presenta un proxecto de futuro novo e de experiencia, que se marca como obxectivo o reverter esta falta de impulso dun equipo de goberno que xa se mostra canso”. “Está moi ben facer publicidade se se basea en actuacións que melloren a vida dos pontevedreses. Estamos a esperar que ademais de que o Concello colgue carteis publicitarios, tamén o faga con carteis de obras en execución”.
“Asistimos a diario a anuncios sobre anuncios, mentres que nos últimos anos Lores non foi capaz de levar a cabo ningunha obra de referencia”, explicou o popular. “O alcalde perdeu o dinamismo e a capacidade de tomar o pulso ás necesidades sociais e de infraestruturas da cidade. Os pontevedreses saben que a única alternativa que presenta un proxecto sólido e social para a cidade é o PP e, asegúrolles, que poden contar con todos nós”.



