HomeVigoNigránO concello de Nigrán engalana os dous únicos cemiterios municipais de cara...

O concello de Nigrán engalana os dous únicos cemiterios municipais de cara á festividade de defuntos

- Anuncio -spot_img

Máis de 200 plantas de crisantemos, brezo, azaleas, alegrías e estrelas exipcias decoran desde xa os camposantos de Nigrán e Parada, os dous únicos de xestión municipal

O Concello de Nigrán ten xa engalanados con máis de 200 plantas os seus dous cemiterios municipáis, o de Parada e Nigrán, de cara á festividade de Tódolos Santos. En San Fiz (Nigrán), que acolle as súas primeiras visitas teatralizadas este luns 31, decorouse con crisantemos de cores e brezo e o de Parada foi adobiado con alegrías, azaleas, crisantemos e estrelas exipcias.

“Queremos manter os dous cemiterios en perfecto estado durante todo o ano e así o estamos a facer, pero de cara a festividade de Defuntos, que é cando máis visitas reciben, é tamén importante que o Concello esté á altura e os engalane”, argumenta o alcalde, Juan González, quen sinala a construción de novos nichos en ambos camposantos e a regularización de todos os cemiterios do municipio como un dos mellores exemplos da preocupación do goberno local por estas instalacións.

Este ano, por vez primeira, o grupo local Teatro do Ar organiza unha visita teatralizada ao de San Fiz coas prazas xa esgotadas. “O obxectivo é por en valor este camposanco e que a veciñanza coñeza a nosa Historia a través dos nosos mortos, polo que o ano próximo nos gustaría poder ofrecer a visita tamén en Parada”, resume o rexedor.

Publicacións Relacionadas