HomePontevedraA LamaO pleno da Corporación Municipal do concello da Lama aproba os orzamentos...

O pleno da Corporación Municipal do concello da Lama aproba os orzamentos para o 2023 cun montante total de 1.680.000 euros

- Anuncio -spot_img

• O equipo de goberno disporá dun incremento de ingresos de 2,24% que serán asumidos polo aumento nos custes da enerxía e a inflación

A Corporación Municipal da Lama, en sesión extraordinari, aprobou, cos votos a favor dos concelleiros do PPdeG e a abstención de C´s, os orzamentos municipais para o ano 2023 que alcanza un montante total de 1.680.000 euros, uns 36.800 euros máis que o do exercicio anterior, e que ten como novidade máis salientable as necesidades de incrementar partidas orzamentarias para facer fronte aos efectos da inflación e a subida dos prezos da enerxía e o combustible.

O alcalde en funcións, David Carrera, insistiu en que a planificación orzamentaria estaba orientada á austeridade, ao control do gasto público, á procura da eficiencia e a eficacia na xestión municipal. Ademais, segundo dixo, reflicten o compromiso coa estabilidade orzamentaria e coa sustentabilidade financeira e o límite de gasto non financeiro da Administración local.

“O obxectivo é que este Concello sexa unha administración ben xestionada e solvente, que contén o seu endebedamento e que se rexe polo equilibrio orzamentario. Para iso, o Orzamento do exercicio 2023 caracterízase pola contención dos impostos, taxas e presos públicos, así como polo incremento moderado das axudas sociais, transparencia e autoridade no gasto. Cumpre as magnitudes orzamentarias tanto de aforro neto como de estabilidade orzamentaria, débeda viva e carga financeira e teito de gasto”, indicou David Carrera.

As contas municipais para o ano 2023 prevén un incremento da partida existente para actuacións en materia de protección e promoción social dun 2,79% elevándoa ata os 382.901,92 euros para dar atención ás persoas demandantes do Servizo de Atención no Fogar (SAF), ao Centro á Información á Muller (CIM), e ao programa Xantar na Casa.

David Carrera defendeu estes orzamentos no Pleno e renovou o compromiso do goberno municipal cos colectivos sociais do municipio e así, este vindeiro ano a ANPA Caldevergazo, do Colexio Público da Lama, recibirá unha subvención nominativa de 4.000 euros para dar cobertura económica ao Plan Madruga posto en marcha neste centro educativo para favorecer a conciliación entre a vida laboral e familiar.

Finalmente, neste Pleno Extraordinario aprobou unha transferencia entre partidas orzamentarias para dar cobertura económica ao incremento de consumo enerxético e de combustible que, debido á inflación e aumento das tarifas fixo que se quedara esgotada. Este punto foi aprobado por unanimidade polos concelleiros presentes do Partido Popular e Ciudadanos.

Publicacións Relacionadas