● Fernando Pérez denuncia que “o Goberno local non pelexou nin defendeu en Madrid un só proxecto fundamental para o concello”.
● Juan Constenla pon en valor “unhas emendas elaboradas en colaboración cos alcaldes e voceiros da provincia, moitas delas aprobadas por unanimidade nos plenos municipais e coas que o Goberno central non conta”.
● As emendas dos populares tamén inclúen a Variante de Pontecesures e Valga.
O PP presentou emendas aos Orzamentos Xerais do Estado para Caldas de Reis por valor de 7,3 millóns de euros, entre as que se inclúen a reforma e ampliación da casa cuartel da Garda Civil; a variante Oeste de Caldas de Reis; a ponte peonil alternativa e a rehabilitación da Ponte da Ferrería sobre o río Umia; reposición da capa rodadura en tramos urbanos, mellora da seguridade viaria e ronda urbana de conexión da N550 e N640, entroncando coa EP-8004; e construción da rotonda na N-550 en Outeiro-Bemil.
O deputado nacional Juan Constenla visitou, xunto ao voceiro local do PP, Fernando Pérez, e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, a N-640 ao seu paso polo casco urbano, cuxo tráfico saturado quedaría desconxestionado coa Variante Oeste e permitiría desenvolver solo industrial fundamental para o concello e que a día de hoxe non se pode por non ter esta variante.. Ademais destes proxectos, as emendas dos populares para a provincia tamén inclúen a variante entre Pontecesures e Valga cun investimento de 700.000 euros.
Constenla sinala que “todos son proxectos fundamentais e urxentes” para a comarca, e por iso desde o PP reclamarán o apoio do resto de deputados da provincia a estas emendas, “que non teñen cor política, senón que defenden as reivindicacións xustas dos veciños”.
Nesta liña, pon en valor o traballo feito polos deputados, “recollendo en cada concello da provincia as aportacións, proxectos e necesidades que o PSOE está deixando atrás. a En total, as emendas do PP para a provincia inclúen máis de cen proxectos, que ascenden a 331 millóns de euros, “para intentar reverter o illamento e a falta de investimentos do Goberno central coa nosa provincia”.
Pola súa parte, Fernando Pérez recorda que “os orzamentos son un fiasco para a provincia e tamén para Caldas de Reis”. Lamenta que “o seu desgaste e a súa falta de iniciativa está prexudicando a Caldas de Reis e aos nosos veciños, o Goberno local non pelexou nin defendeu en Madrid un só proxecto fundamental para Caldas de Reis. Os orzamentos para o 2023 do Goberno central son claros, nin unha referencia seria a Caldas de Reis, e como non poden falar nin anunciar investimentos, como son conscientes do vacío absoluto de Caldas nos orzamentos, desde o PSOE e o Goberno central esfórzanse por dar titulares baleiros e anunciar 700.000 euros para facer estudios. Todo moi patético”. Ademais, di que “si o grao de execución dos orzamentos deste ano en Galicia é do 28%, como van executar proxectos que non contan con partida orzamentaria? É un engano”.



