HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela recupera o seu ritmo de xestión e lidera a petición dunha...

Cubela recupera o seu ritmo de xestión e lidera a petición dunha axuda de 3 millóns de euros do programa europeo DUS 5000 para a sostenibilidade enerxética

- Anuncio -spot_img

• As actuacións céntranse en placas fotovoltaicas no colexio, alumeado intelixente e un punto de recarga para vehículos eléctricos

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, recupera o seu ritmo habitual de xestión despois da súa baixa por parternidade convocando un Pleno Extraordinario para aprobar o proxecto de 3 millóns de euros de investimento co que concurrirá o Concello a fondos europeos dentro do programa DUS 5000 para a sostenibilidade enerxética.

O Concello concurrirá ao procedemento regulado no Real Decreto 692/2021 polo que se regula a concesión directa de axudas para investimentos a proxectos singulares locais de enerxía limpa en municipios de reto demográfico (Programa DUS 5000), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O proxecto co que concurre o Concello titúlase “Cerdedo-Cotobade, un modelo enerxético sostible” e concíbese a partir dun conxunto de actuacións encamiñadas á mellora da eficiencia enerxética dos edificios e infraestruturas municipais, o despregamento de xeración eléctrica renovable (fotovoltaica) con almacenamento, e o impulso da electrificación da mobilidade, substituíndo vehículos públicos de combustión fósil por tecnoloxías enchufables e instalando infraestruturas de recarga de vehículo eléctrico.

Estas actuacións contan cun orzamento total de 2.998.087,53€ (IVE incluído) coa seguinte desagregación por medidas: Medida 2. Instalacións de xeración eléctrica renovable para autoconsumo, con ou sen almacenamento. Neste apartado contémplase a instalación de placas fotovoltaicas na cuberta do Colexio, e de sistemas de almacenamento da enerxía xerada (baterías).

Con este conseguiríase aforrar o custe total do consumo eléctrico anual do colexio, e repartiríase o excedente para os edificios da gardería Galiña Azul e a EDAR. O orzamento neste apartado é de 208.113,97 euros, con IVE incluído, 251.817,90 euros.

O Concello opta tamén á denominada Medida 4. Loita contra a contaminación lumínica, iluminación eficiente e intelixente, Smart rural e TIC. Neste apartado, prevese a instalación de sistemas de xestión, control activo e monitorización da demanda de enerxía das instalacións consumidoras en Colexio e a reforma das instalacións de iluminación exterior por tecnoloxía máis eficiente e incluíndo telegestión. Deste xeito conseguiríase o aforro anual de máis do 67% de consumo de enerxía pola iluminación, e de 15% polo Smart rural. Orzamento total, IVE incluído sería de 1.348.632,77 euros.

Finalmente, o Concello acudirá tamén á lñ¡iña de axudas denominada Medida 5. Movilidad sostible. Aquí prevese un investimento para a implantación e acondicionamento de vial na estrada de dominio municipa e a instalación dun punto de recarga para vehículo eléctrico na futura área de recreo e acampada, cun aforro anual de máis do 40% de consumo de enerxía e un orzamento total, IVE incluído, de 1.397.636,85 euros.

Publicacións Relacionadas