Concello reforza a programación coa recuperación da mítica subida pola estrada de Castro de Beiro.
A festa do Magosto virá repleta de actividades que inclúen a actuación da orquestra Panorama, o día 11 de novembro.
O Concello de Ourense presentou as actividades destacadas para novembro, que inclúen o Carcross de Castro de Beiro, o Magosto e a Carreira do San Martiño. O alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, presentou estas actividades acompañado do asesor en materia deportiva, Anibal Pereira, do xerente do Consello Municipal de Deportes, Jorge Encinas, e da directora de área de CaixaBank en Ourense – entidade patrocinadora principal da San Martiño -, Begoña Abraldes.
Gonzalo Pérez Jácome destacou o éxito da celebración do Halloween ou Samaín, con miles de asistentes, que encheron as rúas da zona histórica. Nesta liña, avanzou que o programa do Magosto terá reforzo de actividades e oferta variada para desconcentrar a grande afluencia prevista para o concerto da Panorama, que coincidirá coa celebración dunha queimada a cargo do bruxo Queiman.
1º Máster Internacional de Carcross Castro de Beiro, días 5 e 6 de novembro
As citas destacadas comezan os días 5 e 6 de novembro, co 1º Máster Internacional de Carcross Castro de Beiro. Esta iniciativa traerá a Ourense o máis escollido da especialidade. A cidade e a provincia demostraron que o mundo do motor ten un gran número de seguidores, como así se comprobou tras a expectación do innovador tramo urbano que este ano houbo no rally de Ourense. O Carcross recupera a mítica subida pola estrada de Castro de Beiro, con saída desde a nave esquerda de Automóviles Prada e chegada á Costiña de Canedo.
Programa do Magosto, días 11 e 12
VENRES, 11 DE NOVEMBRO
12.00 h Ruada de gaiteiros e cabezudos
17:00 h Animación de rúa coa charanga Mekánica
Lugar: rúas da zona histórica
18.00 h Magosto tradicional: Bolo preñado, auga ou viño por 1 € e castañas gratuítas.
Lugar: Praza Maior
18.15 h Ruada de gaiteiros e cabezudos
19.00 h Concerto “Brañas Folk”, cos convidados: Orfeón Treixadura e Pancho Álvarez
Lugar: Praza Maior
20:00 h Espectáculo itinerante “Lume”
Lugar: rúas da zona histórica
20:30 h Actuación de Queiman co espectáculo Folki
Lugar: Praza Maior
22:00 h a 00:00 h Animación de rúa coa charanga Támega
Lugar: rúas da zona histórica
20.30 a 22.00 h e de 00.00 a 1.30 h Baile coa orquestra Panorama
Lugar: rúa do Progreso
SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO
12.00 h Ruada da banda de gaitas da Carballeira
Lugar: Parque San Lázaro- rúa do Paseo- Praza Maior
13.00 h Concerto da Banda de gaitas da Carballeira
Lugar: Praza Maior
XLV Edición da Carreira Pedestre Popular San Martiño, día 20
A 45º Edición desta cita, terá lugar nas rúas da cidade o domingo 20 de novembro. Esta actividade que conta cun orzamento aproximado duns 70.000 euros é, en palabras do rexedor, “a máis antiga de Galicia, e desde logo a máis importante, que este ano recupera o seu esplendor”. A participación nestes momentos está en 4.286 persoas inscritas (1.529 mulleres).
Inscricións: 5 € ata o día 7 de novembro
7 € desde o día 5 ao 13 de novembro
Horarios
11:00 h. Pavillón dos Remedios (rúa Pardo de Cela), saída da carreira absoluta (10 km, nados/ as en 2004 e anteriores).
5,00 € ata o 04/11/2022
7,00 € ata o 13/11/2022
RECOLLIDA ANTICIPADA: ata o 6 de novembro
12:30 h Escolares 5 km (Nados/as entre 2005 e 2010)
EN CENTROS EDUCATIVOS: ata o 06/11/2022
13:30 h Cativos 1,4km (Nados/as entre 2011 e 2014)
13:40 h Carreira inclusiva (2015 e posteriores + diversidade funcional)
ENTREGA PRESENCIAL EN OURENSE PAVILLÓN DOS REMEDIOS
Venres día 18 de 16:00 h a 20:00 h
Sábado día 19 de 10:00 h a 20:00 h
Non se entregarán dorsais o día da carreira
ENTREGA ANTICIPADA
Días de entrega anticipada 17, 18 e sábado 19
Toda a información en: www.asanmartino.com



