HomePontevedraCaldasO Concello de Pontecesures acolle este venres unha charla informativa sobre a...

O Concello de Pontecesures acolle este venres unha charla informativa sobre a factura eléctrica da man da asociación “O Noso Lar”

- Anuncio -spot_img

A Casa do Concello de Pontecesures acollerá este venres 4 de novembro, ás 20:00 horas, unha charla informativa sobre a factura eléctrica, organizada pola asociación de consumidores e amas de casa “O Noso Lar” de Vilagarcía en colaboración co Concello de Pontecesures. Unha xornada de acceso libre e de balde.

Durante a charla explicarase a diferenza entre factura regulada e comercial, así como os distintos conceptos da conta que nos chega ás casas. Así mesmo, informarase sobre os requisitos para solicitar o bono social ou sobre como lles afecta aos consumidores a entrada en vigor do Real Decreto Lei 10/2022 polo que se establece con carácter temporal un mecanismo de axuste dos costes da produción para reducir o prezo da electricidade no mercado maiorista.

Publicacións Relacionadas