Segundo afirma o alcalde, “unha vez que se poña en funcionamento o sistema de cámaras e que se conecte coas da Policía Local, a zona histórica converterase nunha das máis seguras de España”
A Policía Local reforzará a vixilancia e o control especialmente nas rúas da zona histórica mentres non entre en servizo o sistema de cámaras de vixilancia que se está preparando. Así o anunciou o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome que destacou que “dos 24 axentes que en cada turno diario patrullan a cidade, unha delas vai estar especificamente na zona histórica”.
En palabras do rexedor, “unha vez que se poña en funcionamento o sistema de cámaras – actualmente en fase de contratación -, e que se conecte coas da Policía Local, a zona histórica converterase nunha das máis seguras de España”.
Balance da festividade de Samaín
Ademais, a Policía Local de Ourense realizou un total de 4 dispositivos especiais durante a festividade do Samaín, o día 31 de outubro
1.- Control específico de botellón:
1 botellón no Parque da Zapatilla (abandonan o lugar unhas 20 persoas)
1 agresión na rúa Pizarro entre dúas persoas
4 actas de infracción por mexar na vía pública na rúa da Luna e Avda. de Pontevedra
1 acta de infracción por tenza ilícita de droga e portar unha navalla,tipo puñal na vía pública na Alameda.
2.- Control hostalería e horarios de peche:
1 acta de infracción por exercer a actividade coas portas abertas na praza de Santa Eufemia.
3 colaboracións co 061 por embriaguez na rúa Irmáns Villar e praza do Ferro e outra por unha caída na vía pública na rúa Ribeira de Canedo.
Os dispositivos abrangueron “principalmente” diversas zonas do Centro histórico (rúa Calpurnia Abana, praza do Correxedor, rúa San Pedro, praza de Santa Eufemia, praza Maior, praza das Mercedes etc.), rúa Pena Corneira- Cabeza de Manzaneda, praza de San Antonio, zona Auditorio e zona San Francisco (Parque da Zapatilla).
3.- Controis de alcoholemia/drogas:
7 positivos en alcoholemia (vía administrativa): condutores de 24 a 55 anos nas rúas: Ribeira Sacra-Castro Canseco, Pena Trevinca, Ervedelo, Estrada da Granxa-Serra Martiñá.
2 positivos en alcoholemia (vía xudicial): condutores de 29 e 27 anos nas rúas Velázquez e Bernando González Cachamuníña
1 falta por carecer de permiso de conducir na rúa Ribeira Sacra
4.- Dispositivo de seguridade e tráfico con motivo da noite de Samaín
Capacidade completa no concerto do Mägo de Oz ás 23.45
Controis de tráfico e seguridade conxuntos coa Garda Civil e o Corpo Nacional de Policía.
A maiores:
3 chamadas por ruído en locais , vivendas e vía pública



