• O concelleiro do PP de Pontevedra referiuse tanto ao Pavillón Municipal dos Deportes como o Pavillón Multiusos da Xunqueira, “nos que detectamos pingueiras que non son aceptables”
• Desde o Concello, “en vez traballar na solución, comunicóuselles aos clubs que se chove deberán cancelar os seus adestramentos”: “Ademais, corre perigo o material deportivo que alí se atopa”
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da formación da área deportiva, Guille Juncal, urxiu ao Concello a reparar as cubertas de dúas instalacións municipais, o Pavillón Municipal dos Deportes e o Pavillón Multiusos da Xunqueira, que sofren filtracións de auga que afectan ao normal desenvolvemento da súa actividade. “Observamos pingueiras que non son aceptables nun edificio municipal e desde a Concellería de Deportes débese actuar inmediatamente”, dixo o popular.
Estes problemas, acentuados nas últimas semanas polas fortes choivas, están a paralizar actividades deportivas e, mesmo, algún partido oficial. Desde algunha entidade deportiva xa se avisou á concellería competente destes problemas.
“Estamos en Galicia e, como é obvio, debemos contar con que o habitual nesta época do ano é que chova. Non podemos compartir de ningunha maneira que a actividade deportiva de moitos clubs da cidade véxase paraliza por que chova en Pontevedra”, argumentou Juncal.
Os adestramentos de varios clubs foron paralizados, pero tamén o material que utilizan viuse afectado.
“Cremos moi urxente que o Concello tome medidas e déanos unha solución a esta problemática. Non podemos estar a expensas de que chova en Galicia para que se desenvolva a actividade deportiva da cidade de maneira adecuada e normal”, rematou o popular.



