Home A Coruña A Xunta apoia a mellora das instalacións da Asociación de Veciños Baiuca...

A Xunta apoia a mellora das instalacións da Asociación de Veciños Baiuca do concello coruñés de Teo

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e a directora xeral de Administración Local visitaron hoxe o local social ao que se destinaron preto de 34.000 euros nos últimos dous anos

― As actuacións centráronse na accesibilidade e no equipamento, ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais

― O Goberno galego consolida o seu compromiso co asociacionismo local e nos orzamentos de 2023 mantén o incremento do 20% na liña de axudas, que suma novamente 3M€

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o local social da asociación de veciños Baiuca de Teo para coñecer as melloras realizadas co apoio da Xunta. A entidade recibiu preto de 34.000 euros nos últimos dous anos ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e mulleres rurais. Tanto o pasado ano coma este as actuacións centráronse na accesibilidade e no equipamento do local social desta entidade.
Concretamente neste exercicio, a asociación de veciños Baiuca instalou unha rampla peonil accesible que separa o acceso a pé do dos vehículos, así como unha varanda para evitar caídas e un portal na entrada de coches. Tamén se realizaron obras de conservación e mantemento, coa instalación dun canlón e de baixantes para a condución e recollida de augas pluviais, a reparación e pintado das fachadas, e a construción dun tabique para crear unha dependencia destinada a almacén.
Canto ao equipamento, adquiriuse material informático e audiovisual, entre outro, co obxectivo de ampliar os usos das instalacións. O Goberno galego colaborou con 17.000 euros neste conxunto de actuacións.
As melloras veñen complementar as executadas en 2021, dirixidas tamén ao acondicionamento do local social e á instalación de calefacción. Nese ano a entidade veciñal contou con máis de 16.700 euros da Xunta para levalas a cabo.

Compromiso co asociacionismo local
Segundo sinalou Diego Calvo, o apoio do Goberno galego a estas iniciativas enmárcase no compromiso coas asociacións locais, como é o caso de Baiuca, como entidades máis próximas á veciñanza e interlocutores fundamentais coas administracións. O vicepresidente segundo destacou a consolidación do orzamento destinado a estes colectivos en 2023, que mantén o incremento do 20% aplicado este ano e suma así novamente 3M€.
Para Diego Calvo, con esta iniciativa a Xunta recoñece o labor de dinamización social que realizan as asociacións veciñais, ademais da súa relevancia como instrumentos de participación e de convivencia interxeracional. Desde a posta en marcha do Plan específico de Acción Comunitaria, en 2016, investíronse preto de 16M€ para apoiar máis de 1.300 proxectos.
Só neste ano o número de entidades beneficiarias é de 224, das que 17 pertencen á provincia da Coruña e que recibiron en conxunto 216.637 euros. Deste total,12 son asociacións veciñais, ás que se destinaron preto de 157.500 euros. Outros 45.782 euros foron para catro comunidades de usuarios de augas e 13.367 euros para unha asociación de mulleres rurais.

Na provincia de Lugo, a achega ascende a 433.588 euros para 31 entidades. A meirande parte deles, 421.588, foron para 30 asociacións de veciños e os 12.000 restantes para unha asociación de mulleres rurais. Pola súa banda, 37 entidades de Ourense recibiron 532.281 euros, dos que 471.259 se destinaron a 31 asociacións de veciños, 36.000 a tres comunidades de usuarios de augas, e 25.000 a tres colectivos de mulleres rurais.

Pontevedra é a provincia que concentrou máis axudas, cun importe que suma 1,8M€ para 139 entidades. Neste caso foron as comunidades de usuarios de augas as que recibiron a maior contía, 1,3M€ que se distribuíu entre 104 entidades. A maiores, 34 asociacións de veciños dispuxeron de 489.147 euros e unha de mulleres rurais, de 8.892 euros.

Tal e como fixo a Asociación de Veciños Baiuca de Teo, as entidades beneficiarias poden realizar a través destas subvencións obras de rehabilitación e acondicionamento nos seus locais e adquirir novos equipamentos cos que levar a cabo as súas actividades e a prestación de servizos aos veciños. Ademais, poden mellorar o abastecemento e traída de auga dalgúns núcleos.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas