HomeOurenseOurenseA Xunta de Goberno Local concede 5 licenzas para obras de iniciativa...

A Xunta de Goberno Local concede 5 licenzas para obras de iniciativa privada na súa reunión desta semana

- Anuncio -spot_img

A Xunta de Goberno Local acordou na súa sesión desta mañá conceder 5 licenzas para obras de iniciativa privada na cidade, consistentes na construción dun edificio na rúa Francisco Lloréns, unha vivenda unifamiliar na rúa Areal, obras de mellora noutros dous edificios, e para adecuación dunha nave para comercio polo maior. Na reunión, ordinaria desta semana, tratou un total de 14 asuntos presentados polas diferentes áreas municipais

Licenzas (6)

· Conceder unha licenza urbanística de obra para o proxecto básico e de execución dunha vivenda unifamiliar na rúa Areal.

· Aprobar o proxecto modificado para a construción dun edificio de 16 vivendas na rúa Francisco Lloréns.

· Conceder ao Seminario Diocesano de Ourense unha licenza de obra para unha instalación fotovoltaica de autoconsumo na cuberta do inmoble emprazado na rúa Seminario.

· Estimar a solicitude dunha particular e declarar a innecesariedade de segregación de 2 parcelas no Barrio Antolín.

· Conceder unha licenza de obra para a mellora da accesibilidade mediante a substitución dun ascensor nun edificio da rúa Concello.

· Inadmitir unha petición de revisión da licenza concedida a unha comunidade de propietarios para instalar un ascensor nun edificio de vivendas.

Aperturas (1)

· Conceder unha licenza de obra e de actividade para o proxecto técnico de adecuación dunha nave para o comercio polo maior de recambios do automóbil na rúa Ponte Sevilla.

Patrimonio (1)

· Estimar a solicitude dunha particular e recoñecer que un terreo na rúa da Presa, que figura no inventario de bens do Concello, non é de titularidade municipal. O Concello modificará este rexistro na próxima actualización do inventario municipal

Asuntos sociais (1)

Aprobar o gasto e dispoñer a obriga por un importe de 2.566 euros polo alugueiro dun local da Área social do Concello

Avogacía Consistorial (5)

A Xunta de Goberno deu conta de 3 sentenzas:

· do Xulgado do Penal número 1 de Ourense, que condena un particular por un delito de lesións a dous axentes da Policía Local de Ourense;

· da Audiencia Provincial de Ourense, que desestima o recurso de apelación interposto por un condutor que fora condenado por danos nun sinal de titularidade municipal e

· do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima o recurso dun condutor contra o auto ditado nunha peza separada de medida cautelar relativo a unha sanción de tráfico.

Tamén deu conta de que o Concello foi emprazado para comparecer e presentarse en calidade de demandado diante do Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no procedemento abreviado185/22, relativo a unha convocatoria de emprego, e diante do número 1, no procedemento abreviado 263/2022 interposto por unha particular por unha caída na rúa do Paseo.

Publicacións Relacionadas