HomeVigoO PorriñoO Barrio de San Benito celebra este sábado a XVII Noite do...

O Barrio de San Benito celebra este sábado a XVII Noite do Calacú

- Anuncio -spot_img

• Os veciños do barrio, Teresa Palacín e Telmo Pereiro, serán nomeados este ano Dama e Cabaleiro do Calacú

A xa tradicional Noite do Calacú organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián chega este ano á súa XVII edición, consolidando unha celebración que se remonta aos anos 50-60. Foi no ano 2004 cando os veciños e veciñas do barrio retomaron este evento que, a día de hoxe, é cita ineludible no Porriño cada novembro.

A festa, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, celebrarase este sábado 5 de novembro no paseo de San Benito. Os actos comezarán ás 17 h co obradoiro de calacús para os nenos e nenas que se desenvolverá ata as 19 h.

A partir das 19:30 h chega un dos momentos máis sentidos, o do nomeamento da Dama e Cabaleiro do Calacú, recoñecemento que este ano recae sobre Teresa Palacín e Telmo Pereiro. De seguido, comezará o Desfile do Gran Calacú polo percorrido de costume.
O broche final como cada ano será un gran magosto con animación e charanga.

Publicacións Relacionadas