HomePontevedraPoioÉxito de participación do taller de iniciación á cestería organizado por benestar...

Éxito de participación do taller de iniciación á cestería organizado por benestar social

- Anuncio -spot_img

A concelleira de Benestar Social e Mocidade, Rosa Fernández (PSdeG-PSOE), destaca o éxito de inscrición que tivo a xornada de iniciación á tapicería que tivo lugar o pasado día 28 nas dependencias da Casa Rosada, e que forma parte do programa de actividades impulsadas desde este departamento municipal, dentro do programa Cóllelle o gusto. “Tomaron parte persoas de diferentes idades e moitas delas nos trasladaron o seu interese en repetir”, indicou. A Concellería prevé impulsar un taller máis específico e prolongado sobre este tipo de labor a partir de xaneiro do vindeiro ano.

Asemade, lémbrase que desde ‘Cóllelle o gusto’ tamén se ofrecerá un obradoiro de tapices, cunha inscrición de 15 euros, que será en novembro. Ademais, a principios de decembro (o venres 2) haberá un taller de Babyshoes, consistente na confección de zapatillas para bebé feitas con pel. Trátase dunha clase gratuíta, con materiais incluídos, que será de 17.00 a 21.00 horas.

Publicacións Relacionadas