Da man da asociación Tempos Ludit, o Concello pon a disposición dos amantes dos xogos de mesa ata 58 opcións que se poderán xogar de 11.00 a 14.00 horas no espazo museístico.
Tamén haberá artículos de exposición.
Despois do éxito colleitado polos xogos de mesa durante o evento do Marín Gaming Fest, o Concello impulsa esta fin de semana as I Ludoxornadas de Marín, dous días nos que os amantes deste ocio poderán acudir ao Museo Municipal Manuel Torres para xogar a ata 58 xogos diferentes.
As Ludoxornadas será os días 5 e 6 de novembro e haberá unha exposición tamén de partidas. Organízanse en colaboración coa asociación Tempus Ludit e foron presentadas hoxe polos concelleiros Hugo González e Itziar Álvarez. 1960, 7 wonders, Alta tensión, Altiplano, Dragon Castle, Emporion, Hanabi, Pajarracos, Patchwork ou Virus son algúns dos xogos que se ofrecen. Non hai límite de idade para participar, máis alá do que marquen os propios xogos, e tampouco é preciso inscribirse. Todo será en modalidade de xogo libre.



