HomePontevedraSoutomaior rende homenaxe aos seus deportistas

Soutomaior rende homenaxe aos seus deportistas

- Anuncio -spot_img
  • O Concello celebrou a súa IV Gala do Deporte Local para distinguir ás súas figuras máis destacadas
  • O edificio multiusos de Arcade acolleu esta pasada fin de semana a IV Gala do Deporte Local de Soutomaior. Unha noite dedicada a render homenaxe aos clubs, deportistas e veciños destacados pola súa traxectoria e relevancia na comunidade deportiva local. O acto contou con varias personalidades do deporte provincial entre o público.
  • A gala comezou cos premios aos deportistas individuais máis destacados do último ano. Martina Snra e Juan Carlos do Valle do Club Náutico Arcade; Yago Ortega e Alexia Ortega en Whu-Shu; Valeria e Lucía Cima, Rita e Rosalía Lorenzo, Sabela Lourenzo e Aldara Cabaleiro en patinaxe; Martín Acuña e Drordje Ciric en petanca; Jose Anxo e Izaskun Tellería en waterpolo; Lucas Pérez en birlos Celtas; Carlota Otero e Iría Boullosa en tiro con arco;
    Por equipos, distinguiuse a tempada do equipo prebenjamín do CD Soutomaior, ao Equipo “A” do Club Padel Soutomaior, o grupo “Show” do club de patinaxe Artística e ao equipo alevin do CD Arcade.
  • De forma especial, recoñeceuse pola súa traxectoria a Eleuterio Gómez e Manuel Orge, do club de Fútbol Veteranos de Arcade, a Basilio Vidal, fundador e socio número 1 do Club Seat 600. Así mesmo premiouse o traballo da Asociación Cultural e Veciñal de Pozo Lanuxe pola organización da Baixada de Carrilanas.
  • A gala pechouse cun recoñecemento especial e un gran aplauso de todo o auditorio para a figura de Francisco Iglesias, o que durante máis de 20 anos encargouse de dirixir e organizar o deporte municipal. “Unha vida dedicada ao deporte de Soutomaior. Un exemplo incansable de traballo e dedicación ao que tantas e tantas xeracións debemos moitísimo”, cualificouno o alcalde durante a entrega da placa conmemorativa.

Publicacións Relacionadas