Home Ourense O Carballiño O Grupo Municipal Socialista de O Irixo ALERTA DA PERIGOSIDADE da colocación...

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo ALERTA DA PERIGOSIDADE da colocación dunha marquesiña para esperar o autobús un escolar do Irixo

- Anuncio -

Una marquesiña solicitada fai mais dun ano polos socialistas, na sesión plenaria de 28 de setembro de 2021 reiterándose nas seguintes sesións plenarias de 22 de febreiro e 27 de setembro de 2022, e colocada fai uns días.

Lamentan os socialistas que un neno do Irixo despois de esperar máis dun ano a intemperie ante o desprezo, desidia e pasividade do alcalde e o goberno municipal que non lle importou que un escolar esperase o autobús as 7.30 h. da maña chovendo e con frío, cando no Irixo sobran marquesiñas esquecidas e sen uso

Alertan de que se coloque agora a marquesiña, de calquera maneira, pousada no chan sen ningún tipo de suxeción ou anclaxe que a suxeite o chan de forma segura e garanta a seguridade do escolar do Irixo que levaba máis dun ano esperando por ela.

Unha falla de responsabilidade que pon en risco a seguridade dun menor xa que unha marquesiña pousada no chan sen anclaxes e evidente que non é segura e en calquera momento pode saír voando. Se tódolos invernos no Irixo caen os piñeiros e as arbores as estradas que non fará unha marquesiña sen ningún tipo de suxeción.

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña considera unha auténtica irresponsabilidade que despois de esperar máis dun ano se coloque esta marquesiña dunha forma tan lamentable poñendo en risco a seguridade e incluso a vida dun rapaz.

NON FAI FALLA RECORDAR O QUE PASOU FAI UNS DIAS CUN ESCOLAR EN OURENSE, OS ACCIDENTES SUCEDEN PORQUE AS VECES HAI PERSOAS IRRESPONSABLES QUE NON SE PREOCUPAN DE FACER BEN AS COUSAS, para o alcalde do Irixo e máis importante seguir organizando paparotas que atender as cousas verdadeiramente importantes como é cubrir as necesidades básicas da veciñanza, neste caso dun escolar, que se ven de atender máis dun ano despois poñendo en risco a súa seguridade e chegado o caso a súa vida.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas