• O concelleiro do PP de Pontevedra móstrase preocupado por como Pontevedra afrontará a lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica, a menos de dous meses da súa posta en funcionamento en todo o país
• A norma contempla dúas vías: cobrar por acceder a determinadas zonas da cidade ou impoñer o uso da etiqueta ambiental. O Concello asegurou contar co beneplácito do Ministerio para evitar estas opcións, pero desde Madrid dubídase do encaixe legal da proposta
• Fernández critica que o Concello crease grandes zonas de tráfico reducido sen o OK do Ministerio. Nestes espazos, a partir do 1 de xaneiro, o Concello debería restrinxir o tráfico ou cobrar por acceder
• O popular cre que o Goberno local ha creado unha “muralla virtual” e que terá que facer cumprir a lei: “Que lle vai a esixir o alcalde a un veciño do rural que decida ir, por exemplo, a Monte Porreiro?”
O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da área de Movilidad, Pablo Fernández, atopa “inexplicable” que o Goberno local haxa redactado e aprobado un Plan de Mobilidade Urbana Sostible baseado nunha proposta municipal “que carece da conformidade do Goberno central”. Este documento municipal expón como a cidade afrontará o cumprimento da lei de Cambio Climático e Transición Ecolóxica a partir do 2023.
A norma nacional establece que as cidades de máis de 50.000 habitantes deben crear zonas de baixas emisións onde haberá restricións de acceso, circulación e estacionamento de vehículos. O Concello vendeu como seguro que burlaría estas prohibicións cunha terceira vía alternativa e creou extensas “zonas de tráfico reducido”. Esta semana, sóubose que o Goberno non sabe se a proposta ten encaixe legal e está á espera dun informe que o avale.
Por tanto, desde o Goberno municipal, sen contar co OK do Ministerio para a Transición Ecolóxica, deseñouse un plan no que se incluíu a todo o centro urbano, os barrios de Monte Porreiro e de Estribela e a área que conforman O Burgo e a parte máis urbana da parroquia de Lérez. Agora, “todos estes espazos quedan a mercé da posta en marcha, o 1 de xaneiro, da lei 7/2021, do 20 de maio, de Cambio Climático e Transición Ecolóxica”. “Preocúpannos seriamente as declaracións do alcalde, Tramitou un PMUS no que limita o tráfico en toda a cidade sen acordar previamente co ministerio a terceira vía?”, declarou o popular.
Fernández sostén que o Concello creou unha muralla virtual dentro do propio municipio. Así, o “alcalde teranos que explicar que lle vai a esixir a un veciño do rural que decida visitar, por exemplo, Monte Porreiro”. “Cal é o plan B, se é que existe? Ou simplemente imos crear unha muralla virtual q ille a cidade do resto da comarca?”.



