HomePontevedraO Partido Socialista de Redondela redacta 13 emendas á totalidade dos orzamenos...

O Partido Socialista de Redondela redacta 13 emendas á totalidade dos orzamenos da Xunta 2022

- Anuncio -spot_img

O Partido Socialista de Redondela redactou 13 emendas á totalidade dos orzamentos da Xunta para 2022. “Non é normal que un municipio de 30.000 habitantes teña tan só 200.000 euros da xunta nos seus orzamentos para 2023”, denuncia Digna Rivas.

O goberno socialista do Concello de Redondela redactou 13 emendas a totalidade dos orzamentos da Xunta para 2022. Estas pretenden denunciar o que consideran “un novo insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2022, “non se contempla nin un euro destinados ao patrimonio, cultura e as necesidades educativas do municipio”. Entre as emendas atópase a Construción dunha escola infantil en Chapela, a Reforma Integral do Peirao de Cesantes, a construcción dun Auditorio para o municipio, un comedor escolar no CEP A Marisma e o soterramento da depuradora municipal.

O goberno do PP anunciaba a remodelación integral do Porto de Cesantes cun investimento previsto de 6 millóns de euros tal e como figuraba nun Plan Integral asinado no 2011 polo excalcalde Javier Bas e Xunta de Galicia “un proxecto pilote que só serviu para lanzar a campaña ao Congreso de Javier Bas Corugueira e que, en 2019 xa deixou de ser “Remodelación Integral, para converterse en ‘Mellora de abrigo’, e dos famosos 6 millóns iniciais quedou en 0 nos presupostos de 2023”.
“A Consellería do Mar castiga a Redondela desbotando o Proxecto do Peirao de Cesantes, demandado pola Confraría e Mariscadoras para asegurar o futuro do sector”, denuncia Rivas.

Como outros moitos grandes proxectos, di o executivo que preside Digna Rivas, “demostrase tempo despois que non eran máis que anuncios puramente electoralistas”. Eses anuncios, engade a alcaldesa de Redondela, “quedan agora en evidencia xa que para esa obra os Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro ano, non recollen nin un só euro”.

Algo parecido acontece cos orzamentos para a mellora de edificios de ámbito educativo. “En 2022 só se contempla as obras de ampliación do IES Pedro Floriani, cun investimento ridículo de 200.000 euros. Olvidándose da necesidade da construcción dunha Escola Infantil en Chapela ou o comedor para o CEP A Marisma que levan anos reclamando os veciños e veciñas de Redondela”, a regidora local engade que “hai 15 centros educativos en Redondela, dos que moitos teñen más de 50 anos e seguen demandando reformas sen resposta”.

É lamentable que un goberno da Xunta, que se da por sentado que ten que gobernar para todos e todas as galegas e, polo tanto “para todos os municipios baixo criterios de equidade”, elabore uns orzamentos “absolutamente arbitrarios favorecendo aos concellos que lle son afíns e esquecendo, por completo ao resto. Non é normal que un municipio de 30.000 habitantes teña tan só 200.000 euros da xunta nos seus orzamentos”.

Outra das emendas que os socialistas consideran imperdables e a falta de orzamentos apra o soterramento da depuradora municipal “Faise imprescindible a separación de augas limpas de augas sucias para que a actual depuradora , aínda tendo dificultades de depuración habitualmente por non dar abasto; en casos de continxencias non comuns , poida soportar as augas procedentes do saneamento e non as das escorrentías”, explica a alcaldesa.

Por último, queren destacar a necesidade dun Auditorio para Redondela, pois “actualidade, a capacidade dos dous multiusos municipais existentes para actos culturais non é suficiente. Na nosa vila desenvolvénse actos e festivais de interese nacional e internacional como o Festival Internacional de Títeres que aas ten espazo para o público”.
“O goberno que presido, –recalcou Digna Rivas– non vai quedar cruzado de brazos mirando como se despreza ao cuarto municipio da provincia e como se lle falta ao respecto, de xeito continuado, á súa veciñanza” polo que, a alcaldesa redondelá, adiantou que “utilizaremos todos os medios ao noso alcance para esixir, da Xunta de Galicia, o cumprimento dos compromisos adquiridos con este municipio e coa súa cidadanía”.

Publicacións Relacionadas