Home Pontevedra Caldas O Concello adxudica as obras de mellora dos parques infantís de Santa...

O Concello adxudica as obras de mellora dos parques infantís de Santa Lucía, A Chan e A Espedregueira

- Anuncio -

A empresa Garocaprim será a encargada de executar estas actuacións, que o alcalde, José Cela, considera “imprescindibles, para manter estas áreas infantís no mellor estado posible”.

En total, investiranse máis de 62.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

O alcalde de Moraña, Jose Cela, anunciou esta mañá a adxudicación do proxecto de mellora dos parques infantís de Santa Lucía e A Chan e do de reforma integral da Espedregueira, para que sexan financiados co Plan Concellos correspondente á nosa vila da Deputación de Pontevedra e que suporá unha inversión total de 62.319,96 euros.

“Desde o Concello queremos que os parques infantís da vila estean no mellor estado posible”, explicou o rexedor, “porque sabemos o importante servizo que cumpren para os máis pequenos e para as familias”. A empresa Garocaprim foi a que resultou adxudicataria e terá un prazo de dous meses para levar a cabo estes traballos.

Ambos proxectos engloban aos parques máis importantes de Moraña. No centro urbano, destaca o Parque de Santa Lucía, sito na propia Carballeira de Santa Lucía, nun espazo verde por excelencia ubicado no centro da vila, sendo unha zona con moito movemento, próximo aos comercios, aos equipamentos e as zonas residenciais.

Trátase do parque de referencia para a poboación infantil, e polo tanto un parque moi concurrido non só polos nenos que viven na vila, senón tamén polos nenos dos núcleos rurais que se achegan a disfrutar del.

Por outra banda, un dos parques que tamén conta con moito uso é o situado no lugar de A Chan, dentro do recinto de equipamentos educativos e culturais e fronte ao recinto da capela dos Milagres de Amil. Este parque tamén da servizo á escola infantil de A Chan.
Ambos parques, a consecuencia do paso do tempo e do propio deterioro polo uso, a principal deficiencia que presentan é a de que dispoñen dun pavimento que presenta un notable deterioro en toda a superficie dos parques. Ademais, tamén conta puntualmente con algúns elementos deteriorados dos propios xogos como parafusos, repousapés, agarradeiras, tapóns de seguridade, etc., que precisan de axustes ou reparación puntuais.

Por isto, faise totalmente necesaria a substitución e mellora do pavimento de ambos parques así como a reparación puntual daqueles elementos dos xogos indicados anteriormente que se atopan desgastados, frouxos ou rotos.

Así, colocarase céspede artificial no caso da Chan e un novo pavimento bicapa de caucho para Santa Lucía. Ademais de levar a cabo as reparacións pertinentes, no parque da Chan instalarase un novo balancín de xirafa.

No que respecta ao parque infantil de Espedregueira, executarase un novo peche perimetral de madeira de 1 metro de altura e instalarase un novo elemento de xogo que contará con dúas torres, un tobogán, dúas plataformas, unha rampa, unha escaleira e unha pasarela túnel. Ademais, repararanse e trataranse aqueles elementos que presentes deficiencias, polo que se levará a cabo a reforma integral.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas