HomePontevedraDezaTaboada convocará un terceiro pleno extraordinario

Taboada convocará un terceiro pleno extraordinario

- Anuncio -spot_img
  • O BNG,PSOE e dous concelleiros do PP non permiten que se pague os provedores polo seu traballo.
  • Taboada convocará un novo pleno para poder pagar estas facturas de provedores, que do contrario terán que acudir a xustiza e teranse que pagar con gastos e intereses por culpa da oposición.

Onte celebrouse un pleno extraordinario con un único punto que era o pago dunhas facturas de traballos realizados para o concello por diversas empresas e autónomos que se quedaron sen crédito e a oposición votou en contra do seu pagamento no anterior pleno, aludindo a falla de documentación.

Neste novo pleno, axuntouse un informe de Intervención, ademais de darlle copia de todas as facturas a petición do BNG coa ameaza de que si non tiñan copia en papel das mesmas votarían en contra, o que mobilizou a varios funcionarios na maña do día 3 para poder entregarllas.

Pero polo visto para PP,BNG e PSOE isto non foi suficiente e preferiron novamente que non se pagase as facturas a estes empresarios e autónomos que realizaron os seus traballos para o consistorio volven a quedar sen poder cobrar as súas facturas, cando o concello ten os cartos preparados para poder afrontalas sen ningún problema.

Taboada estívose asesorando esta maña cos Técnicos Xurídicos do Concello de cal seria a mellor forma de solucionar este atranco ocasionado pola oposición que pretende de este Xeito desgastar o goberno e deixalos quedar por mal pagadores, como di a concelleira de Facenda Mireya Otero, “despois a oposición vira a dicir que non cumprimos cos 30 dias que di a Lei para facer os pagos os nosos provedores, cando son eles os que intentan retrasalo de todos os xeitos posibles, aínda que saben que por lei estes provedores teñen dereito a cobrar as súas facturas”.

Taboada despois de consultalo cos avogados decidiu convocar novamente un pleno extraordinario para volver a levar o pagamento de estas facturas, xa que este foi o consello dos técnicos, debido a que si os provedores acudiran a xustiza, non so terían que abonarse as súas facturas senón tamén todos os gastos de intereses das costas, que poden incrementar estas facturas en miles de euros que terán que saír das arcas municipais, todo polo capricho de usar politicamente as necesidades de cobro dos provedores os membros da oposición.

Julio López tenente de alcalde, arremete moi especialmente contra o PP por permitir co seu voto que os nacionalistas do BNG , extorsionen o goberno, rompendo unha lanza a favor dos valentes que non seguiron a disciplina de voto e se abstiveron, (aínda que puideron votar a favor e non o fixeron), en cambio Otero e Laura (do PP) votaron en contra de facer os pagos xunto co BNG e co PSOE bailándolle a auga a Fiuza que marchou do pleno con unha amplío sorriso tras conseguir que o PP se arrastrase con el, e demostrase unha vez mais, que Otero xa non dirixe nada, que ten o partido desmembrado, e que está as ordenes de Fiuza do BNG o igual que a candidata do PSOE, que pleno a pleno demostra que non ten criterio e incluso como se pode comprobar nas gravacións fai de portavoz dicindo a palabra “nos” cando so conta coa súa acta, segundo Julio, “nesta situación non hai gañadores, aínda que se ria o señor Fiuza, so hai perdedores, porque perden os provedores, perde o concello e perde a oposición que esta demostrando que da todo igual con total de conseguir o sillón da alcaldía”

Taboada espera que tanto PP, como BNG como a única concelleira do PSOE que se denominan moi progresistas e democráticos, teñan altura de miras e aproben de unha vez estas facturas, e se poida pagar os provedores sen que estes teñan que acudir a xustiza e ocasionar máis gastos o consistorio. Segundo Taboada, “e vergoñento que digan que o goberno de Xuntos gasta os cartos en facer desbroces e en arranxar camiños en vez de telos cartos gardados no banco, polo cal aínda nos cobran unha comisión, en vez de invertelos nos veciños e apostando polo rural como estamos facendo, e como seguiremos facendo xa que o rural e un dos meus compromisos, e que como se pode comprobar cando lle pregunto os grupos da oposición, si as obras feitas no rural ¿eran necesarias ou non?, temos a calada por resposta”.

Publicacións Relacionadas