HomeTabeirósCerdedo - CotobadeCubela informa aos veciños da Longa da posta en marcha da seguinte...

Cubela informa aos veciños da Longa da posta en marcha da seguinte fase da implantación do saneamento na que haberá que ceder terreos para a colocación dos colectores

- Anuncio -spot_img

• En Fentáns analizou coa veciñanza a mellora dun vial que dá servizo de paso a cinco vivendas e polas que non poden pasar as emerxencias

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, mantivo esta mañá senllas xuntanzas cos veciños de A Longae de Fentáns para analizar varios investimentos que está previsto que se acometen en breve por parte da administración municipal.

Na xuntanza mantida cos veciños de A Longa, Cubela explicoulles as seguintes fases do proxecto de construción do saneamento, unha vez que xa de fixo a primeira fase no núcleo do Lombo do Muiño.

O alcalde explicoulles que para acometer esta obra, 10 propietarios terán que ceder terreos para deixar pasar os colectores polo que solicitou a máxima colaboración veciñal para que estes traballos se poidan levar a cabo sen nengún contratempo.

Por outra banda, Cubela amosou aos veciños que asistiron á reunión o proxecto valorado co que traballa o Concello de Cerdedo-Cotobade para levar a cabo a mellora do camiño que dá acceso ao núcleo rural de A Longa no que se ten previsto investir uns 75.000 euros para conectar a N541 e a estrada autonómica a Cutián.

Esta obra poderá ser acometida grazas á cesión comprometida polo único propietario afectado polos traballos que se acometerán nas condicións acordadas con el e que o alcalde se comprometeu a respectar.

EN FENTÁNS MELLORARASE UN CAMIÑO DE ACCESO A CINCO VIVENDAS

Posteriormente a esta xuntanza en A Longa, Jorge Cubela desprazouse ata Fentáns onde mantivo outra reunión cos propietarios afectados polo ensanche dun camiño municipal que dá acceso a 5 vivendas sen posibilidade de que entre unha ambulancia ou calquera outro servizo de emerxencias.

O rexedor informou aos presentes que xa contaban, neste momento co 90% das sinaturas de cesión por parte dos propietarios o cal favorecería moito a realización desta obra tan importante para garantir un mellor acceso rodado a este núcleo de vivendas.

Cubela agradeceu aos veciños á súa colaboración a través da cesión dos terreos o que “favorece que poidamos acometer este tipo de obras que, doutro xeito sería moi complicado. Así, acometeremos esta mellora que dá servizo a cinco vivendas e permite que os que alí residen teñan un mellor acceso e protección en caso de que fora necesaria a intervención de algún vehículo de emerxencia”, indicou o alcalde.

Publicacións Relacionadas