Home Valdeorras A Veiga A Deputación colaborará co Concello da Veiga en proxectos de saneamento, abastecemento...

A Deputación colaborará co Concello da Veiga en proxectos de saneamento, abastecemento e humanización

- Anuncio -

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo co alcalde da Veiga, Juan Anta

Manuel Baltar comprometeu o apoio ás novas iniciativas de cooperación propostas polo rexedor arredor de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños da Veiga, a colaboración cos gandeiros ou a colaboración en actividades dinamizadoras

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde da Veiga, Juan Anta, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións deseñadas co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños da Veiga.

“Unha reunión moi satisfactoria, definitoria do que é a cooperación diaria entre a Deputación e os concellos ourensáns, que saben que teñen nesta administración o seu mellor aliado para os seus proxectos”, segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación á cooperación en iniciativas de saneamento, abastecemento e humanización.

Ademais, Manuel Baltar e Juan Anta coincidiron en perfilar futuros convenios xunto á Xunta de Galicia para, entre as tres administracións -local, provincial e autonómica-, levar a cabo novas obras no concello que “permitan avanzar no noso proxecto común: unha Veiga dinámica e con moito futuro, e cada día con máis capacidade para fixar poboación”, segundo detallou o alcalde, que tamén prantexou a necesidade de seguir reforzando a colaboración cos gandeiros do municipio e en iniciativas de dinamización.

“Todos estes proxectos son fundamentais para A Veiga” remarcou Manuel Baltar, que destaca a “magnífica labor cotiá de Juan Anta e de todo o equipo municipal, con probada capacidade para desenrolar as potencialidades da Veiga a través de propostas ben planificadas e que sempre contarán co máximo compromiso deste goberno provincial”.

Pola súa banda, o alcalde destacou a importancia do “apoio da Deputación e do seu presidente” a proxectos que son “claves para os nosos veciños, en ámbitos tan estratéxicos como é o abastecemento e o saneamento, ademais da colaboración co sector primario”.

Relacionadas

Luis López destaca a importancia de festas culturais como a do Día de Colón,...

0
O presidente provincial participou na presentación dunha festa que cumpre dez anos e que se celebra os vindeiros 10 e 11 de maio en...

A Deputación atende a demanda das confrarías e agrupacións de mariscadoras e permite destinar...

0
Trátase, tal e como remarcou o presidente provincial, de “dar resposta ao clamor que nos trasladou o sector nas diferentes reunións que tivemos cos...

A Deputación inaugura no CEIP A Xunqueira I, en Pontevedra, a exposición “Achegas das...

0
A mostra, enmarcada nun proxecto conxunto co Campus do Mar da Universidade de Vigo, pon en valor o papel das mulleres no uso responsable...

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao tecido empresarial da provincia na inauguración...

0
O presidente provincial destacou a importancia da dixitalización do sector na estrea do Hubnet posto en marcha pola Cámara de Comercio en Vilagarcía e...

Publicacións Relacionadas