• Taboada trasladoulle o Delegado do Goberno en Galicia, as necesidades que ten un concello rural como Vila de Cruces, e o abandono que esta a sufrir dende hai décadas por parte da Xunta de Galicia.
O alcalde de Vila de Cruces Luis Taboada recibiu no consistorio a visita do Delegado do Goberno en Galicia o Sr. José Manuel Miñones Conde.
Esta foi unha visita institucional a petición do rexedor tras o maltrato sufrido nos últimos presupostos pola Xunta de Galicia, gobernada nestes momentos polo PP, xa Taboada saíu o paso de esta situación con varias declaracións nos medios de comunicación demostrando a estas insatisfeito coa forma de traballar dos dirixentes do PP.
Taboada leva anos sufrindo o desprezo da Xunta de Galicia nos seus orzamentos e nas inversións realizadas no concello de Vila de Cruces, e máis Segundo Taboada, “Pódese comprobar que isto xa viña de atrás, porque cando gobernaba o PP Vila de Cruces non tiña practicamente inversións da Xunta con respecto dos seus veciños, algo que eu herdei pero que non estou disposto a compartir, e por suposto como xa dixen nos medios de comunicacións eu estou e estarei sempre a favor do rural e necesitamos moitas inversións para sacalo adiante e mantelo, estamos traballando para darlle un cambio a Vila de Cruces, tivemos que loitar con unha pandemia e con unha nova crise, o que non teño que facer e calar porque non pertenzo o PP como Otero que inda que non lle deran nada tiña que estar caladiño para non molestar o PP”.
Por este motivo e outros no día de hoxe Taboada trasladoulle o Delegado do Goberno de Galicia as inquietudes de esta forma de actuar da Xunta de Galicia e a forma que teñen de repartir os fondos de todos os Galegos e Galegas, por iso solicita que os fondos Europeos, sexan outorgados a través da Delegación do Goberno para non seguir sufrindo a discriminación habitual da Xunta de Galicia, Tamén aproveitou para solicitar que se poña un cartel informativo da saída de Vila de Cruces na AP-53 , que desde que a fixeron non mencionan ao concello, e claro está solicitoulle tamén que medie no Goberno Central para que esta autopista sexa máis económica.



