HomePontevedraO BNG salva a Poza de xustificar 600.000€ perdidos

O BNG salva a Poza de xustificar 600.000€ perdidos

- Anuncio -spot_img

· A portavoz do BNG de Vilaboa, Tereixa Carro, votou a favor do axuste contable que permite a Cesar Poza tapar dunha plumada os 600.000€ que non conseguen xustificar en que gastaron por non existir facturas.

Tereixa Carro posiciónase en contra da verdade e apoia tapar a pésima xestión que tamén abarca aos anos nos que gobernaban xunto ao PSOE o concello vilaboense.

O Partido Popular lamenta que en lugar de mirar polos intereses dos veciños, o BNG e o PSOE únanse nun matrimonio de conveniencia para seguir poñendo parches a unha presa xa desbordante e que está a piques de gretarse, un matrimonio que lle custou xa moi caro a Vilaboa.

Alberto Acuña, portavoz municipal popular, insiste en que é necesario coñecer en que se gastaron 600.000€ públicos, que non son ningunha anécdota, como insiste en cualificar Cesar Poza e como pode ser que non exista nin unha soa factura que achegue unha idea da que acabaron destinados. A intervención xeral do estado foi clara ao destacar que “a conta 555 reflicte saídas de fondos que careceron de xustificantes, que como tan ha de tratarse á hora de esixir responsabilidades”

Reitera ademais o compromiso do PP coa verdade e continúa esixindo unha auditoría independente para esclarecer este caso.

Publicacións Relacionadas