HomePontevedraCaldasO BNG de Caldas de Reis chama a encher as rúas o...

O BNG de Caldas de Reis chama a encher as rúas o 20 de novembro ante o deterioro da asistencia sanitaria no concello

- Anuncio -spot_img

Fariña salienta que “estar sen médicos no PAC deixou de ser unha excepción para pasar a ser algo habitual”

Manuel Fariña denuncia que a atención sanitaria en Caldas vai de mal en pior, despois de que onte luns e este domingo o PAC quedara sen persoal facultativo e deixando a veciñanza sen unha atención médica digna e de calidade.

O que pasou este domingo xa non é unha excepción e pasou a convertirse nalgo habitual, derivando pacientes cara as urxencias de Montecelo e aumentando así o colapso dese servizo.

O servizo de pediatría conta na actualidade só con unha pediatra para atender as crianzas dos concellos de Caldas, Cuntis, Moraña e Portas, cando só o concello de Caldas precisaría de 2 pediatras.

As baixas e as vacacións dos médicos de familia continúan sen cubrirse, incrementando o tempo de agarda para conseguir unha cita e provocando que os pacientes acudan ao servizo de urxencia co seu coseguinte colapso.

Esta situación de ataques continuos á sanidade pública non se pode consentir por máis tempo, por isto Fariña fai un chamamento á veciñanza para “encher as rúas o domingo 20 de novembro participando na manifestación que percorrerá as principais rúas do concello e rematará ás portas do Centro de Saúde”.

Publicacións Relacionadas