Home Sin categoría O Concello de Pontecesures reforza a recollida selectiva na rúa Estación coa...

O Concello de Pontecesures reforza a recollida selectiva na rúa Estación coa instalación dun novo contedor de papel

- Anuncio -

O Concello de Pontecesures vén de instalar un novo contedor para a recollida selectiva de papel na rúa Estación. Diante das demandas realizadas polos veciños e veciñas da zona, o Concello solicitoulle a FCC, empresa adxudicataria do servizo de recollida de lixo da Mancomunidade Serra do Barbanza, un novo depósito para facer fronte ás necesidades da veciñanza da rúa Estación.

Dende o Concello de Pontecesures agardan que a colocación deste novo contedor permita normalizar o servizo de recollida na zona e insta á veciñanza a non depositar o lixo fora dos espazos habilitados para elo, como estaba a acontecer nas últimas semanas. Neste sentido, lembran que o municipio dispón dunha Ordenanza Reguladora da Limpeza Viaria e Ornato Público que contempla sancións tanto para aquelas persoas que tiren os residuos fora dos colectores ou os guinden en depósitos que non se correspondan co residuo depositado, como para os que abandonen mobles ou residuos en lugares non habilitados. Unhas sancións que poden supoñer a imposición de multas de ata 750 euros, nos primeiros casos, ou de ata 1.500 euros, nos casos máis graves.

Así mesmo, o Concello de Pontecesures lembra que os terceiros martes de cada mes está programada a recollida selectiva de aparellos electrónicos e informáticos, así como dos escombros de pequenas obras domésticas. Dous servizos aos que a veciñanza pode acceder simplemente chamando ás oficinas municipais (986 557 125), en horario de 9:00 a 14:00 horas, indicando nome, enderezo e teléfono de contacto. Ademais, o Concello tamén ofrece un servizo de recollida de enseres (mobles, colchóns…). Para solicitalo, só é preciso chamar ao teléfono 639 107 638 para fixar unha data para a recollida.

Relacionadas

Carral asina o novo contrato de prestación do Servizo de Axuda non Fogar

0
• Ten unha duración de 2 anos máis un de prórroga e contará cun orzamento total de 1.604.730,40 euros. • Este servizo prestará un total...

A Cabalgata dos Reis Magos percorrerán na fin de semana

0
O domingo tamén haberá unha festa infantil desde as 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís para agardar por Melchor, Gaspar e...

OConcello de Ponteareas solicitará ao Estado a cesión dun tramo da N-120

0
• Este cambio de titularidade permitirá unha intervención máis rápida na mellora da seguridade do alumnado do IES do Barral, unha planificación do territorio...

A Laracha acollerá o mércores unha charla informativa para resolver dúbidas sobre a factura...

0
Pódese confirmar a asistencia no departamento municipal de Servizos Sociais. O Concello e o Equipo Comarcal de Inclusión Social do Consorcio Galego de Servizos de...

O Porriño celebra o Nadal cun mes repleto de actividades e diversión asegurada!

0
Desde unha pista de patinaxe ata a Cabalgata Real, sen faltar a tradicional festa Pre-Fin de Ano, a programación promete momentos inesquecibles para pequenos...

Mos presenta a súa programación de Nadal

0
Os pratos fortes serán o acto de acendido do alumeado, a Feira do Comercio ‘Queda en Mos’, as Rondallas en Puxeiros, a Festa do...

Publicacións Relacionadas