HomeOurenseAs obras de humanización da rúa Concordia avanzan até a intersección con...

As obras de humanización da rúa Concordia avanzan até a intersección con Santo Domingo, que estará pechada ao tráfico o próximo luns, 14 de novembro

- Anuncio -spot_img

Manterase o paso para o tránsito peonil e habilitarase unha zona para carga e descarga

O avance das obras de humanización da rúa Concordia, que executa o Concello, obrigará a cortar a intersección coa rúa Santo Domingo ao tráfico rodado o vindeiro luns, 14 de novembro. Manterase un paso para o tránsito peonil e os accesos aos diferentes servizos (no caso da sede de Facenda, emprazada nese cruzamento) están garantidos. A carga e descarga e o acceso ao centro histórico -para residentes e reparto de mercadorías- deberá facerse desde vías alternativas, segundo informa a Policía Local.

O Concello pide comprensión mentres duren os traballos na zona, que se realizarán da forma máis áxil posible para causar as menos molestias.

Publicacións Relacionadas