Home Ourense A Xunta destaca en Verín o potencial da actividade económica no rural...

A Xunta destaca en Verín o potencial da actividade económica no rural como oportunidade de negocio para os emprendedores

- Anuncio -

— Salienta que o Conecta Ourense, no que se enmarca a xornada de hoxe, busca converter a provincia “nun polo máis dinámico de innovación e dixitalización empresarial” a través de accións de difusión das posibilidades de apoio á innovación, ao crecemento, á internacionalización e á transformación dixital das empresas

— Resalta que o programa Galicia Emprende Rural, destinado a apoiar a creación de emprego nas zonas rurais, leva mobilizados preto de 22,5 M€ en investimentos, que permiten impulsar a creación e mantemento de 500 empregos

— Lembra que este ano activáronse tres novos espazos coworkings na provincia que achegan aos emprendedores ourensáns distintas actividades e asesoramento para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento

O director do Igape, Fernando Guldrís, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá no II Foro Think Tank levado a cabo no marco do Conecta Ourense, un escenario no que destacou o potencial da actividade económica no rural como oportunidade de negocio para os emprendedores.

Durante o encontro, que se levou a cabo baixo o lema Experiencias e oportunidades para que as empresas e entidades do rural sexan máis innovadoras, competitivas e rendibles, Guldrís puxo en valor as oportunidades e alternativas que pode ofrecer o rural para innovar e competir de cara a impulsar “unha industria máis innovadora, forte e adaptada ás demandas actuais”.

Un marco no que, como explicou, o Conecta Ourense, impulsado en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO), busca actuar como panca para converter a provincia “nun polo máis dinámico de innovación e dixitalización empresarial” a través de accións de difusión das posibilidades de apoio á innovación, ao crecemento, á internacionalización e á transformación dixital das empresas.

Neste contexto, o director do Igape salientou algunha das iniciativas activadas desde a Xunta para fomentar e promover a creación e consolidación das empresas no rural. Entre estas, resaltou o programa Galicia Emprende Rural, destinado a apoiar a creación de emprego nas zonas rurais mediante axudas á primeira implantación de actividades económicas non agrarias viables.

“A través desta liña levamos destinado xa máis de 13,5 millóns de euros para apoiar preto de 250 novas iniciativas empresariais”, salientou Guldrís, quen engadiu que a través das catro edicións do programa mobilizáronse preto de 22,5 M€ en investimentos, que permiten impulsar a creación e mantemento de 500 empregos.

Así mesmo, o director do Igape fixo referencia tamén á rede de espazos coworking impulsada pola Xunta, que este ano sumou tres novos espazos na provincia -na Mancomunidade do Carballiño, en Valdeorras e na Tecnópole- que achegan aos emprendedores ourensáns distintas actividades e asesoramento para aumentar as probabilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento.

“Unha iniciativa da que temos motivos para poñer en valor os resultados obtidos, xa que ao longo das cinco primeiras edicións do programa, pasaron polo mesmo preto de 900 emprendedores, desenvolvéndose máis de 700 proxectos empresariais, con preto de 400 empresas creadas, e máis de 600 empregos”, salientou Guldrís, quen indicou que na provincia os espazos permitiron crear, antes da última edición, 89 empresas e 122 postos de traballo.

Relacionadas

Diego Calvo asiste ao partido entre o Club Básquet Coruña e Amics Castelló

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde no Palacio dos Deportes de Riazor ao encontro da 33ª xornada da...

Diego Calvo recolle o premio concedido á Xunta na 36º Trofeo de judo Miguelito

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá na Coruña ao 36º Trofeo de judo Miguelito, onde recolleu o premio...

A directora do Intecmar participa nunha auditoría da Unión Europea para avaliar os sistemas...

0
Con esta, van xa 25 ocasións nas que expertos do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño teñen participado en auditorías deste tipo...

A Xunta oferta cursos de balde para que o alumnado se prepare para as...

0
— Os centros poden solicitar ata o 10 de xuño sumarse a este programa, que se realiza fóra do horario lectivo en catro niveis...

A Xunta abre o prazo para arrendar parcelas a través do Banco de Terras...

0
Como novidade, trala publicación do Real Decreto 1177/2023, os responsables das explotacións que participen en programas de reestruturación, como é o Banco de Terras,...

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica...

0
― Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedr ― Estas tarefas forman parte do...

Publicacións Relacionadas