As empresas interesadas xa poden inscribirse neste evento que reforzará a programación do Nadal na cidade
O programa de actividades de Nadal da cidade de Ourense contará cun novo atractivo, desde a súa vertente comercial, coa organización dun Mercado de Nadal, que se desenvolverá no Parque de San Lázaro, desde o día 2 de decembro até o 6 de xaneiro. Neste céntrico espazo da cidade instalaranse un total de 30 casetas de madeira de 3×2 metros cadrados de superficie, onde poderán comercializar os seus productos os empresarios locais que o desexen. Todos os interesados poden contactar coa organización para obter máis información ou reservar praza, a través do correo electrónico mercados@rivendelmercados.com, e o teléfono 722570316



