HomeBaixo MiñoA GuardaObradoiro do Plan para a implementación da Axenda 2030 no Concello de...

Obradoiro do Plan para a implementación da Axenda 2030 no Concello de A Guarda

- Anuncio -spot_img

Continúa avanzando o proxecto “A Axenda 2030, un reto local nun mundo en transformación II”, que ten por obxectivo a elaboración dun Plan estratéxico para a Implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) no Concello da Guarda.

O próximo paso é a celebración dun obradoiro, onde se explicará a axenda global e a súa aplicación a nivel municipal. Ademais, exporase a análise diagnose realizada trala fase de entrevistas a persoal do concello e un número significativo de asociacións, así como o período de enquisa aberta á cidadanía. O groso do acto consistirá na exposición da proposta do Plan estratéxico, para dar paso ao momento de suxestións no que o público poderá expresar a súa opinión e as súas achegas.

Esta actividade realizarase o vindeiro mércores 16 de novembro, de 10 a 11:30 horas no Concello da Guarda.

Se che interesa asistir, podes rexistrarte no seguinte enlace:
https://forms.gle/ZxgQKN6YvWZHx1bBA

Publicacións Relacionadas